SEMANA DO LIBRO

Durante a Semana do Libro realizamos distintas actividades que a continuación presentamos.

Para conmemorar o Día do Libro fixemos "Bocados de Lectura". O alumnado escolleu un libro e, despois de lelo, fixo un "bocata". No bocadillo explicaron desde o título e autor, pasando polas personaxes e lugares da historia, así como un breve resumo do libro. Vamos, que alimentaron ben a mente.

Por outro lado, os nenos e nenas de Infantil ata 3º de Primaria inclusive, acudiron ao Salón de Actos dos Chaos para presenciar o espectáculo "Apalpadora" respresentado polo compañía Velaísca.

Ademais, dentro do Plan Proxecta "Aliméntate Ben", visitaron o centro os membros do Programa "Ti si es que un ... Bo peixe". Nesta actividade participaron tódolos cursos por separado, na cal descubriron distintas curiosidades das especies mariñas que podemos encontrar nas nosas augas.