COCIÑAMOS POSTRES DE BRASIL!!

Como xa sabedes os alumnos e alumnas de 3º de primaria, este curso traballamos Brasil, dentro do Proxecto A Volta ao Mundo.

Ademais de aprender moitas cousas sobre este país, tamén quixemos coñecer as súas comidas típicas; así que nós animamos a cociñar unhas sobremesas brasileñas: pan de queixo e brigadeiras de coco e de chocolate. Estaban riquísimos!!!!!!

Para levar a cabo esta actividade contamos cunha axuda moi especial de Claudia Patricia, Rayan, Ivonne e Patricia.

MOITAS GRAZAS FAMILIAS!!