APRENDEMOS SOBRE A HISTORIA DE EEUU

Os alumnos e alumnas de 5º e 6º de Primaria levaron a cabo unha tarefa de investigación sobre a historia de EEUU, na área de Inglés. 

Buscaron información sobre as características xerais do país, medidas de goberno, principais cidades, deportes, xeografía, feitos históricos e desastres naturais.

Unha vez feita a investigación, expuxeron aos seus compañeiros e compañeiras de 4º, todo o que aprenderon.