CONTACONTOS EN INGLÉS CON ANA DIMITROFF

Como xa sabedes agora o noso cole é un centro Plurilingüe.

Algunhas das áreas impártense en inglés; en 1º de Primaria, plástica e en Infantil, acercamento á cultura e expresión da linguaxe. É dicir, tratamos de desenvolver nos nosos alumnos e alumnas unha maior competencia en Lingua Estranxeira e preparalos para o mundo que nos rodea no que o inglés é a lingua clave.

Dentro das actividades programadas para este curso, o venres tivemos a sorte de disfrutar dun Contacontos en inglés da man de Ana Dimitroff.

Gustounos moito e pasámolo xenial!!!