PROXECTA: COIDA AOS ANIMAIS

PROXECTA “COIDA AOS ANIMAIS”: UN ANIMAL, UN GRAN AMIGO

Con este proxecta buscamos dende o centro que os nosos alumnos e alumnas coñeceran e se familiaricen cun tipo de relación baseado nos beneficios psíquicos ou psicolóxicos que nos proporcionan os animais non como mascotas,  senón como algo moito máis amplo, como compañeiros ou amigos. 

Coidar a un animal non significa soamente alimentalo e darlle cobixo. É un concepto moito máis amplo e global que significa proporcionarlle coidados veterinarios durante toda a súa vida, momentos de xogo, unha alimentación axeitada, etc.

 Tamén consideramos fundamental o feito de ter  unha mascota, aínda que optaremos máis pola palabra amigo ou compañeiro, significa un compromiso de “por vida”, ineludible e irreversible, para evitar conductas como o abandono ou o maltrato. Os nosos compañeiros non só obxectos, senón que poden experimentar sentimentos como o amor, o medo, a pena, a alegría, etc., e é a nosa responsabilidade o seu benestar. 

Por otra banda, tamén quixemos que coñeceran outros aspectos dos animais cos que non están familiarizados. Falamos e vimos experiencias das súas funcións  terapeúticas e sociais, como axuda a persoas con autismo, invidentes, maiores ou de movilidade reducida, cans policías, etc… 

En resumo, quixemos que interiorizasen  que cando adquirimos unha mascota adquirimos ao mesmo tempo unhas obligacións baseadas nos dereitos dos animais, que tamén os teñen, e non só podemos ver un xoguete ou unha distracción.

Con proxectos coma este queremos cumprir coa nosa  obrigación como docentes  de formar unha sociedade moderna, actual, comprometida coa natureza, o medio ambiente e a cidadanía en xeral. 

Coida aos animais from CEIP Fonsagrada on Vimeo.