Complementarias

ENTROIDO 2018 (segunda parte)

A continuación, pódedes ver o desfile que fixemos no cole.

Esperamos que vos guste!!

Entroido 2018 (segunda parte) from Maria on Vimeo.

DÍA DA PAZ 2018

 Hoxe celebramos no noso colexio o Día da Paz!!

Traballamos o conto de John Lennon, Imagine; debuxamos e pintamos as ilustracións do conto.

Lemos o conto nas aulas e traballámolo en inglés, castelán e galego.

Unha vez rematado colocamos as ilustracións nun mural na entrada do cole. 

Ao mesmo tempo, aprendemos a canción de Imagine en inglés e cantámola entre todos os nenos e nenas.

Ademais, alumnos e alumnas de 5º e 6º de Primaria elaboraron unha figura de acrosport, reproducindo as letras de IMAGINE.

A continuación, podedes ver un pequeno resumo da nosa celebración do Día da Paz.

Esperamos que vos guste!!

Día da Paz 2018 from Maria on Vimeo.

TEATRO NADAL ALUMNOS E ALUMNAS DE 6º DE PRIMARIA

No festival de Nadal, os alumnos e alumnas de 6º de Primaria ofrecéronnos unha obra de teatro, titulada: "Convidados especiais".

Fixérono xenial!!!

Podedes vela no seguinte vídeo:

Teatro Nadal from CEIP SANTA MARIA on Vimeo.

FESTIVAL NADAL 2017 (segunda parte)

A continuación, podedes ver a segunda parte do Festival de Nadal, que inclúe as seguintes actuacións:

  • 3º e 4º Primaria: Obra de teatro, Nace Xesús.
  • 5º e 6º Primaria: Adestes Fideles
  • 3º e 4º Primaria: Popurrí de Nadal.

Nadal 2017 (segunda parte) from ceip santa maria on Vimeo.

FESTIVAL DE NADAL 2017

A continuación, podedes ver a primeira parte do Festival de Nadal 2017, que inclúe as actuacións de:

  • Infantil: Polo Nadal
  • 1º Primaria: O caracol Cardiño
  • 1º e 2º Primaria: Reindeer Hokey Pokey
  • 2º Primaria: Nadal intercultural

 

 

Nadal 2017 from ceip santa maria on Vimeo.

DÍA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

O día 25 de novembro celebrouse o Día contra a Violencia de Xénero.

Dende o noso cole, quixemos conmemorar este día participando nun Proxecto colaborativo realizado entre 31 colexios de toda Galicia.

Tratábase de que cada centro elaborase un mural co paxariño de twiter ao que lle engadimos o #equaliter acompañado das verbas dos nosos alumnos e alumnas. Verbas positivas e sempre en contra da violencia.

Posteriormente o centro organizador deste Proxecto, o CEIP Aquilino Iglesias Alvariño de Abadín, elaborou un vídeo que puidemos ver hoxe no cole (para ver o vídeo premer aquí)

Ademais tamén elaboramos unhas siluetas na entrada do noso cole e colocámoslles uns laciños de cor malva (a cor representativa deste día).

Día contra a Violencia de Xénero from ceip santa maria on Vimeo.

HOY POR HOY LUGO DESDE A FONSAGRADA!!!

Hoxe os nenos e nenas, de Primaria, participamos nun programa de radio!!

O locutor Juan Carlos Rodríguez e o seu equipo viñeron a retransmitir o seu programa de radio, Hoy por Hoy Lugo, emitido por Radio Lugo SER, desde A Fonsagrada.

Puidemos ver cómo se elabora un programa de radio e participamos na súa producción.

Ata lle fixemos algunhas preguntiñas ao noso alcalde, tamén invitado ao programa.

A continuación, pódedes ver un vídeo resumo...recomendamos velo ata ó final xa que remata coa actuación en directo da nosa dire xunto con Alba de 6º.

Dámoslle as grazas ao programa de radio Hoy por Hoy Lugo por deixarnos ser participes da súa realización.

Encantounos a experiencia!!!

Moitas grazas!!!

#HoyxHoyFonsagrada from ceip santa maria on Vimeo.

CELEBRAMOS O MAGOSTO!!!

 Esta semana celebramos o Magosto!!

Tivemos multitude de xogos adaptados a todas as idades.

E despois de xogar, para repoñer forzas, comemos as castañas!!!

Estaban riquíiiiiiiiisimas e pasámolo xenial!!!!!!

Podedes a continuación, ver un pequeno resumo...

Magosto 2017 from CEIP Fonsagrada on Vimeo.

SAMAÍN 2017

O día 31 de outubro celebramos a festa do Samaín!!!!

Organizamos diversas actividades e talleres, de cociña, de manualidades, de debuxo, de descubrir diferentes texturas polo tacto, de música, de xogos etc...ata tivemos un tunel do terror que moitos e moitas valentes se atreveron a recorrer...

Pasámolo DE MEDOOOOOOOOO!!!!

Pódedes ver un pequeno resumo, a continuación:

Samaín 2017 from ceip santa maria on Vimeo.

O NOSO CONCURSO DE GOT TALENT!!

Para rematar o curso, quixemos divertirnos e esgotar as enerxías que nos quedaban, facendo o noso propio GOT TALENT!!

Podedes ver as diversas actuacións dos alumnos/as nos seguintes vídeos.

E así, damos por rematado o curso escolar 2016-2017.

O EQUIPO DE MESTRES/AS QUEREMOS DESEXARVOS A TODOS/AS UN BO VERÁN E UNHAS FELICES VACACIÓNS.

RECARGADE AS BATERÍAS, PASÁDEO MOI BEN E VÉMONOS Á VOLTA!!!

ATA SETEMBRO!!!

 

Got talent from ceip santa maria on Vimeo.

Distribuir contido