Dinamización da Lingua Galega

DÍA DA PAZ E NON VIOLENCIA

Hoxe 30 de xaneiro celebramos o Dia Escolar da Paz e Non Violencia.

Para conmemoralo no noso cole decidimos facer unha Latucada e uns Cubos da Paz.

Para elaborar os Cubos da Paz quixemos relacionalo co Proxecto A volta ao Mundo, que estamos a levar a cabo este curso. Para elo cada grupo elaborou a súa caixa buscando os Premios Nobel da Paz de cada un dos países que estamos a traballar.

No primeiro vídeo podedes ver como traballamos para decorar as caixas coa información recopilada.

E no segundo vídeo, podedes ver a Latucada pola Paz coa que os nenos e nenas da Fonsagrada quixemos facer moito "barullo" coas nosas latas para celebrar este día. Para elo coordinámonos coa Escola Infantil A Galiña Azul e cun grupo de alumnos e alumnas do IES Fontem Albei.

MOITAS GRAZAS A TODOS E TODAS POLA COLABORACIÓN!!

CONTACONTOS EN FAMILIA

Hoxe as nenas e os nenos de Infantil tivemos Contacontos en Familia!!!!

Veu a mamá de Ainhoa de 3 anos e o seu irmán pequeniño, a contarnos un conto chulísimo; conto no que a protagonista era a propia Ainhoa.

Gustounos moito e disfrutamos un montón!!!

MOITAS GRAZAS BEATRIZ!!!

CONTACONTOS EN FAMILIA

Onte os nenos e nenas de 1º e 2º de Primaria puidemos disfrutar dun Contacontos en Familia; esta vez quixeron vir a contarnos uns contiños, a mamá e o papá de Sofia de 1º.

Pasámolo xenial!!!

MOITAS GRAZAS TERESA E KIKE!!!

FESTIVAL DE NADAL 2018

Xa voltamos ao cole e coas pilas cargadas!!!!!

Se queredes recordar o que fixemos no Festival de Nadal, podédelo ver no seguinte vídeo.

Esperamos que vos guste!!

Festival Nadal 2018 from CEIP Fonsagrada on Vimeo.

25 DE NOVEMBRO. DÍA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

O día 25 de novembro celebrouse o Día contra a Violencia de Xénero.

Dende o noso cole, quixemos conmemorar este día participando, ao igual que o curso pasado, no Proxecto colaborativo #equaliter realizado entre máis de 60 colexios de toda Galicia e organizado polo CEIP Aquilino Iglesias Alvariño de Abadín. Cada centro elaboramos un mural co paxariño de twiter onde plasmamos as nosas mans en contra da violencia. Ademais de realizar un vídeo cos alumnos de 3º, 4º, 5º e 6º de Primaria.

Dende o noso centro queremos felicitar ao colexio de Abadín por este Proxecto levado a cabo, un ano máis. NORABOA POLA INICIATIVA!!

MAGOSTO 2018

O venres 16 de novembro, celebramos a Festa do Magosto!!! 

Comezamos a xornada con xogos populares; no ximnasio para os nenos e nenas de Infantil e no patio cuberto para os de Primaria.

Unha vez rematados, tivemos que repoñer forzas comendo unhas castañas.

E como non podía ser de outro xeito, unha boa festa ten que rematar botando uns bailes!! Grazas a Cris, a mestra de música que nos tocou unhas pezas coa gaita.

Pasámolo xenial!!!

No seguinte vídeo, podedes ver un resumo... 

Magosto 2018 from CEIP Fonsagrada on Vimeo.

SAMAÍN 2018

Este ano, para celebrar a festa de Samaín quixemos levar a cabo varias actividades; organizamos un concurso de relatos de medo, os nenos e nenas de Infantil bailaron a canción de "Corre, corre cabaciña", os alumnos de 3º e 4º de Primaria ensináronnos a canción " A figueira de Pelos Tortos", os alumnos de 5º contáronnos un pouquiño sobre a tradición do Samaín, e leronnos a Lenda da Cabaza; e os nenos e nenas de 1º e 2º representaron unha obra de teatro en inglés que levaba por título: " A scary witch".

PASÁMOLO DE MEEEEEDOOOO!!!!!!!!

Nos seguintes vídeos, podedes ver como foi a nosa festa de Samaín...

Samaín from CEIP Fonsagrada on Vimeo.

Samaín from CEIP Fonsagrada on Vimeo.

ANDAINA POLA LINGUA GALEGA

Como xa vos comentamos noutras ocasións o noso cole participa en varios Proxectas: Monte vivo, Coida aos animais e Proxecto deportivo de centro por este motivo, quixemos facer unha andaina polo monte levando algunhas mascotas e tamén contando coa participación dalgunhas familias.

Pasámolo xenial!!!!

Andaina polo monte from Maria on Vimeo.

CONTACONTOS EN FAMILIA

Hoxe os nenos e nenas de Infantil tivemos sesión de Contacontos en Familia.

Visitounos a mamá de Aitor, e contounos dous contos chulísimos: PILÚ,PILÚ E A MAMÁ QUE SE LLE PUXO CARA DE TETEIRA.

Gustáronnos moito!!!

MOITAS GRAZAS MAYDA!!!!

Contacontos en Familia from Mariola on Vimeo.

LETRAS GALEGAS 2018

No seguinte vídeo podedes ver outra parte do Festival das Letras Galegas que celebramos este curso.

Esperamos que disfrutedes coas actuacións, porque realmente temos uns nenos e unhas nenas que son uns verdadeiros artistas!!!

Letras Galegas 2018 from Mariola on Vimeo.

Distribuir contido