Actividades de dinamización da Biblioteca

Actividades de dinamización da Biblioteca

DÍA MUNDIAL CONTRA O ACOSO ESCOLAR

O 2 de maio conmemórase o Dia Mundial contra o Acoso Escolar.

No noso colexio, propúxose dende a Biblioteca, traballar este tema a partir de diversos contos, que mercamos este ano coa axuda do PLAMBE.

A actividade consistía en ler e traballar os contos; analizar as historias que neles se narraban, reflexionar sobre a amizade, o respecto entre compañeiros, a solidariedade etc...

Nos seguintes vídeos, podedes ver a selección dos libros e contos traballados. Ademais tamén podedes disfrutar co conto que nos resumiu Hugo Abraira e o que nos contaron os nenos e nenas de 3 anos sobre o "Qué é un amigo, para eles"

PROXECTO "A VOLTA AO MUNDO"

Continuamos a traballar no noso Proxecto A volta ao Mundo!!

No seguinte vídeo, podedes ver algunhas actividades que estivemos desenvolvendo...

KAMISHIBAI

Seguindo coa celebración do Día Internacional do Libro, hoxe puidemos disfrutar os nenos e nenas de Infantil e os de 1º e 2º de Primaria duns contos moi especiais, os contos de KAMISHIBAI.

O Kamishibai é unha forma de contar contos moi popular no Xapón.

Nesta ocasión os narradores dos contos eran dous alumnos e dúas alumnas de 5º e 6º de Primaria, participantes do Programa de Bibliotecas Solidarias; no que está inmerso o noso centro.  

Contáronnos dous contos clásicos chulísimos: O soldadiño de chumbo e O Xastriño valente.

O 23 DE ABRIL CELEBRAMOS O DÍA DO LIBRO!!

Hoxe, día 23 de Abril, conmemórase o Día do Libro.

E que mellor para celebralo, que disfrutar dunha sesión de Contacontos da man de Pedro Brandariz. 

Contounos dous contos chulísimos: 

  • Unha pantasma en apuros, da Editorial Xerais.
  • O paraugas amarelo, da Editorial Kalandraka 

Pasámolo xenial!! Moitas grazas Pedro!!

VISITAMOS A ESCOLA INFANTIL A GALIÑA AZUL DA FONSAGRADA

Como xa sabedes, o noso centro participa por terceiro ano no Programa de Bibliotecas Solidarias, dentro da modalidade Lecturas Compartidas dentro e fóra do centro.

Por iso, ademais de visitar as diferentes Residencias de Maiores da nosa localidade, acudimos tamén á Escola Infantil A Galiña Azul para contarlles un contiño aos nenos e nenas que están alí escolarizados.

Agradecemos a todo o persoal da escola por ternos acollido sempre con tanto agarimo.

MOITAS GRAZAS POLA VOSA COLABORACIÓN!!   

VISITAMOS MÁIS RESIDENCIAS DE MAIORES

Hoxe visitamos outras dúas Residencias de Maiores: Santa María e Remanso de Paz.

Os alumnos e alumnas de 6º de Primaria contáronlles aos maiores un conto: "A pota que trota" da editorial OQO.

Ao mesmo tempo, que tivemos a sorte de poder disfrutar dalgunha historia que nos contaron os avós e as avoiñas.

Como xa comentamos anteriormente, resúltanos unha actividade moi enriquecedora.

Agradecemos a todo o persoal das Residencias a súa acollida e participación na actividade.

MOITAS GRAZAS!!

VISITAMOS AS RESIDENCIAS DE MAIORES

Como xa vimos facendo en cursos anteriores, este ano voltamos  a participar no Programa Bibliotecas Solidarias, dentro da modalidade lecturas compartidas dentro e fóra do centro. Por este motivo, visitamos ás Residencias de Maiores do concello de A Fonsagrada. 

Os alumnos e alumnas de 6º representáronlles aos maiores, un conto que leva por título: "A pota que trota" da Editorial OQO. 

Resúltanos moi gratificante esta actividade e queremos agradecer a colaboración das residencias, do noso concello, que visitamos hoxe: Residencia As Rodas e Residencia de Maiores Pobra de Burón.

CONTACONTOS PROFE CARMEN!!!

Onte as nenas e nenos de Infantil, tivemos Contacontos!!

A profe Carmen contounos un conto chulísimo:

- "LOBO SOLO BUSCABA WIFI" de Pilar Serrano Burgos

Un conto onde o protagonista é un lobo; pero nesta historia, o lobo ten un papel moi diferente ao que estamos acostumados noutros contos.

Encantounos!!!!! Pasámolo xenial!!

Moitas grazas profe Carmen!!

DÍA DAS ARTES GALEGAS: LUÍS SEOANE

O día 1 de abril celebrouse o Día das Artes Galegas.

Este ano homenaxéase a LUÍS SEOANE (1910-1979); este autor foi un dos intelectuais galegos máis destacados do século XX. Destacou como pintor, escritor e periodista.

No noso cole quixemos recordalo, reproducindo algúns dos seus cadros máis importantes.

No seguinte vídeo, podedes ver o traballo realizado polos nosos pequenos artistas.

ROBÓTICA NA BIBLIO!!!!

Esta semana os nenos e nenas de 1º e 2º puidemos disfrutar dun obradorio de ROBÓTICA NA BIBLIOTECA!!!!

Como estamos a levar a cabo o Proxecto A volta ao Mundo e na aula de 1º e 2º estamos a traballar EXIPTO, elaboramos un circuito coas letras do alfabeto exipcio.

A actividade consitía en programar o robot ( que ten forma de rato) para dirixilo ás letras iniciais dos nosos nomes; tamén quixemos formar a palabra "Exipto" conducindo o rato ás diferentes letras que a compoñen.

Con este tipo de xogos de Robótica os nenos e nenas desenvolven as súas habilidades cognitivas, o razonamento, o pensamento abstracto, solución de problemas, así como a súa creatividade.

Distribuir contido