Complementarias

CONCERTO DIDÁCTICO: ABRAHAM CUPEIRO

Onte acudimos ao Salón de Actos do Concello os nenos e nenas de 3º, 4º, 5º e 6º de Primaria para disfrutar dun concerto didáctico da man de Abraham Cupeiro.

Abraham Cupeiro é un coñecido musicólogo, compositor e intérprete galego, que nos fixo un percorrido pola historia da música e nos ensinou multitude de instrumentos.

Pasámolo xenial e disfrutamos moito.

Concerto didáctico: Abraham Cupeiro from Mariola on Vimeo.

TEATRO: HISTORIAS DUNCAN DE PALLEIRO

No mes de abril puidemos disfrutar dunha obra de teatro no Salón de Actos do Concello, titulada:

"Historias DUNCAN DE PALLEIRO" 

Gustounos moito!!!

Teatro: Duncan de Palleiro from Mariola on Vimeo.

DÍA DO LIBRO

O 23 de abril celebramos o Día do Libro.

Para conmemorar este día levamos a cabo unha actividade de Apadriñamentos Lectores.

Aproveitando o bo tempo que nos acompaña estes días, quixemos disfrutar no patio do colexio, dunha tarde de contacontos.

Organizamos grupos formados por nenos e nenas de tódalas idades que ían rotando para escoitar os diferentes contos, que tiñan preparados os alumnos e alumnas de 6º de primaria. 

No seguinte vídeo podedes ver unha pequena mostra da actividade.

Día do Libro. Apadriñamentos lectores from Mariola on Vimeo.

CHARLA DA GARDA CIVIL SOBRE ACOSO ESCOLAR E CIBERACOSO

Esta semana tivemos unha charla da Garda Civil sobre acoso escolar e ciberacoso para o alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de primaria.

Dous Gardas Civís expertos en delitos informáticos viñéronnos  a falar dos peligros e dos coidados que temos que ter en conta á hora de empregar as redes sociais e os teléfonos móviles.

Resultou unha charla moi interesante e aprendemos moitas cousas.

Charla Garda Civil Acoso Escolar e Ciberacoso from Mariola on Vimeo.

DÍA DA MULLER TRABALLADORA (primeira parte)

O pasado día 8 de Marzo conmemorouse o Día da Muller Traballadora.

No noso cole decidimos traballar co libro "Cuentos de buenas noches para niñas rebeldes" a través do cal puidemos coñecer un pouquiño da vida de varias mulleres que foron importantes ao longo da historia.

Nós quixemos destacar algunhas como Frida Kahlo, Amelia Earhart, Harriet Tubman, Maya Gabeira, Nancy Wake, Malala Yousafzai, Wangari Maathai, Lakshmi Bai, Marie Curie, Wilma Rudolph etc...

Nos seguintes vídeos podedes ver un pequeno resumo...

Día da Muller from Maria on Vimeo.

DÍA DA MULLER TRABALLADORA (segunda parte)

Continuación da actividade do Día da Muller Traballadora...

Día da Muller II from Mariola on Vimeo.

DÍA DA ÁRBORE

O 21 de marzo celebramos o Día da árbore, plantando un salgueiro no noso patio!!

Día da árbore from Mariola on Vimeo.

SEMANA DA PRENSA: VISITAMOS A RADIO GALEGA

O xoves 8 de marzo, coincidindo coa Semana da Prensa fomos a Santiago a visitar a Radio Galega; gustounos moito a experiencia, xa que puidemos coñecer como é a radio "por dentro", ensináronnos os estudios, a redacción, puidemos falar con algún locutor, cos técnicos de son etc... 

E aproveitando esta viaxe, tamén visitamos o Aerodromo Militar; alí coñecemos da man dos bombeiros, como é o camión que empregan para sofocar os incendios e ata nos deixaron montar en dúas avionetas.

Para rematar a nosa viaxe, acercámonos ao Casco Histórico para ver de cerca a Catedral e dar un pequeno paseo.

Pasámolo xenial!!!

No seguinte vídeo podedes ver un pequeno resumo da actividade: 

Santiago 2018 from Mariola on Vimeo.

ENTROIDO 2018

O venres, 16 de febreiro, celebramos o Entroido no noso colexio.

Como xa sabedes, tivemos que modificar as datas da celebración, polas condicións meteorolóxicas adversas que tivemos a semana anterior, que era cando tiñamos previsto celebralo.

Este ano a temática era películas de Disney.

Os nenos e nenas de Infantil representaban o conto de Brancaneves e os sete ananiños.

Os alumnos e alumnas de 1º de Primaria, 101 Dalmatas.

Os alumnos e alumnas de 2º, elexiron o conto de Alicia no país das maravillas.

O grupo de 3º e 4º de Primaria, disfrazáronse de Peter Pan.

E os alumnos de 5º e 6º elexiron " Los descendientes".

No seguinte vídeo, podedes ver un pequeno resumo das fotos que fixemos no noso photocall. 

Entroido 2018 from Maria on Vimeo.

Distribuir contido