Dinamización da Lingua Galega

FESTIVAL DO DÍA DAS LETRAS GALEGAS

Nos seguintes vídeos podedes ver as diferentes actuacións que organizamos no cole para celebrar o Día das Letras Galegas, adicado este ano a Antón Fraguas.

Esperamos que vós gusten...

Alumnos e alumnas de Infantil

Alumnos e alumnas de 1º e 2º de Primaria

Alumnos e alumnas de 3º de Primaria

Alumnos e alumnas de 4º de EP

Alumnos e alumnas de 5º e 6º de EP

KAMISHIBAI

Seguindo coa celebración do Día Internacional do Libro, hoxe puidemos disfrutar os nenos e nenas de Infantil e os de 1º e 2º de Primaria duns contos moi especiais, os contos de KAMISHIBAI.

O Kamishibai é unha forma de contar contos moi popular no Xapón.

Nesta ocasión os narradores dos contos eran dous alumnos e dúas alumnas de 5º e 6º de Primaria, participantes do Programa de Bibliotecas Solidarias; no que está inmerso o noso centro.  

Contáronnos dous contos clásicos chulísimos: O soldadiño de chumbo e O Xastriño valente.

O 23 DE ABRIL CELEBRAMOS O DÍA DO LIBRO!!

Hoxe, día 23 de Abril, conmemórase o Día do Libro.

E que mellor para celebralo, que disfrutar dunha sesión de Contacontos da man de Pedro Brandariz. 

Contounos dous contos chulísimos: 

  • Unha pantasma en apuros, da Editorial Xerais.
  • O paraugas amarelo, da Editorial Kalandraka 

Pasámolo xenial!! Moitas grazas Pedro!!

VISITAMOS A ESCOLA INFANTIL A GALIÑA AZUL DA FONSAGRADA

Como xa sabedes, o noso centro participa por terceiro ano no Programa de Bibliotecas Solidarias, dentro da modalidade Lecturas Compartidas dentro e fóra do centro.

Por iso, ademais de visitar as diferentes Residencias de Maiores da nosa localidade, acudimos tamén á Escola Infantil A Galiña Azul para contarlles un contiño aos nenos e nenas que están alí escolarizados.

Agradecemos a todo o persoal da escola por ternos acollido sempre con tanto agarimo.

MOITAS GRAZAS POLA VOSA COLABORACIÓN!!   

VISITAMOS MÁIS RESIDENCIAS DE MAIORES

Hoxe visitamos outras dúas Residencias de Maiores: Santa María e Remanso de Paz.

Os alumnos e alumnas de 6º de Primaria contáronlles aos maiores un conto: "A pota que trota" da editorial OQO.

Ao mesmo tempo, que tivemos a sorte de poder disfrutar dalgunha historia que nos contaron os avós e as avoiñas.

Como xa comentamos anteriormente, resúltanos unha actividade moi enriquecedora.

Agradecemos a todo o persoal das Residencias a súa acollida e participación na actividade.

MOITAS GRAZAS!!

VISITAMOS AS RESIDENCIAS DE MAIORES

Como xa vimos facendo en cursos anteriores, este ano voltamos  a participar no Programa Bibliotecas Solidarias, dentro da modalidade lecturas compartidas dentro e fóra do centro. Por este motivo, visitamos ás Residencias de Maiores do concello de A Fonsagrada. 

Os alumnos e alumnas de 6º representáronlles aos maiores, un conto que leva por título: "A pota que trota" da Editorial OQO. 

Resúltanos moi gratificante esta actividade e queremos agradecer a colaboración das residencias, do noso concello, que visitamos hoxe: Residencia As Rodas e Residencia de Maiores Pobra de Burón.

DÍA DAS ARTES GALEGAS: LUÍS SEOANE

O día 1 de abril celebrouse o Día das Artes Galegas.

Este ano homenaxéase a LUÍS SEOANE (1910-1979); este autor foi un dos intelectuais galegos máis destacados do século XX. Destacou como pintor, escritor e periodista.

No noso cole quixemos recordalo, reproducindo algúns dos seus cadros máis importantes.

No seguinte vídeo, podedes ver o traballo realizado polos nosos pequenos artistas.

DÍA DA ÁRBORE

O 21 de marzo conmemórase o Día da árbore!! 

No noso cole celebrámolo plantando unha ábore no patio.    

ENTROIDO NA RÚA!!!!

Este ano, como tivemos bo tempo, puidemos celebrar o Entroido na rúa!!!!

Saímos polo pobo, dimos un paseo ata o Concello e finalmente na Praza da Igrexa, cada grupo representamos o baile do pais que estamos a traballar no Proxecto.

Como este curso estamos a desenvolver o Proxecto A Volta ao Mundo, cada clase caracterizámonos con traxes dos diferentes paises: China, Exipto, Brasil, Marrocos e España.

PASÁMOLO XENIAL!!!!

Nos seguintes vídeos podedes ver o desfile pola rúas e as actuacións de cada grupo...

 

DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO

O día 24 de febreiro conmemórase o Día de Rosalía de Castro.

Para celebralo os nenos e nenas de Infantil reproduciron en tamaño grande o cartel deste ano de Rosalía, publicado pola Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega.

E os alumnos e alumnas de Primaria participaron nuns Obradoiros levados a cabo por Cristina, a nosa mestra de Música.

Nestes obradoiros puidemos coñecer diferentes poemas de Rosalía, musicalizados por distintos músicos galegos.

No seguinte vídeo podedes ver un resumo das actividades realizadas. 

Distribuir contido