Actividades de dinamización da Biblioteca

Actividades de dinamización da Biblioteca

CONTACONTOS CON ANA DIMITROFF

O pasado venres puidemos disfrutar unha vez máis dun Contacontos en Inglés con Ana Dimitroff; que xa nós vistara no primeiro trimestre.

Tivemos dúas sesións de contos, experimentos e xogos en Inglés; unha sesión para os nenos e nenas de Infantil e 1º de Primaria e outra sesión para 2º, 3º, 4º 5º e 6º de Primaria.

Encántanos todo o que nós ensinas Ana, moitas grazas pola túa visita!!!

Nos seguintes vídeos podedes ver un pequeno resumo de todo o que disfrutamos coa actividade.

GYMKANA ANTÓN FRAGUAS

Para celebrar o Día das Letras Galegas, ademais do Festival coas diferentes actuacións por grupos, tamén quixemos realizar unha GYMKANA adicada a Antón Fraguas.

Na gymkana, as probas xiraban en torno a o libro: A detective Peregrina e o insólito "caso Antón Fraguas".

Pasámolo xenial!! E todos levamos agasallo!!

No seguinte vídeo podedes ver un resumo da actividade.

FESTIVAL DO DÍA DAS LETRAS GALEGAS

Nos seguintes vídeos podedes ver as diferentes actuacións que organizamos no cole para celebrar o Día das Letras Galegas, adicado este ano a Antón Fraguas.

Esperamos que vós gusten...

Alumnos e alumnas de Infantil

Alumnos e alumnas de 1º e 2º de Primaria

Alumnos e alumnas de 3º de Primaria

Alumnos e alumnas de 4º de EP

Alumnos e alumnas de 5º e 6º de EP

PROXECTO "A VOLTA AO MUNDO"

Continuamos a traballar no noso Proxecto A Volta ao Mundo... 

No seguinte vídeo podedes ver algunhas das actividades, que estivemos a desenvolver...

CONTOS COA MESA DE LUZ

O alumnado de Educación Infantil participou nun contacontos en inglés titulado ANIMAL COLOURS pero, nesta ocasión, contaron con algo especial que fixo aparecer cores novas: unha mesa de luz! 

ESTRENAMOS OS XOGOS NOVOS

Os nenos e nenas de Infantil xa estrenamos algúns dos xogos novos, que mercamos para a Biblio.

Pasámolo xenial!!!

CHARLA SOBRE HIXIENE ALIMENTARIA

O venres visitounos na Biblioteca, Patricia Palacios, Licenciada en Veterinaria.

Veunos a dar unha charla sobre Hixiene Alimentaria.

Aprendemos moitas cousas con ela, deunos milleiros de consellos que debemos poñer en práctica; xa que son moi beneficiosos para a nosa saúde.

MOITAS GRAZAS PATRICIA!!!

DÍA DE EUROPA

O 9 de maio celebramos o DÍA DE EUROPA.

Nós, para conmemorar este día, quixemos investigar qué países forman parte da Unión europea, cómo son os euros nos diferentes países, que imaxes aparecen no reverso das moedas; é dicir, a cara nacional que presentan que é a que nos indica o país emisor.

Con toda a información recollida, elaboramos un  mural que podedes ver no seguinte vídeo.

MERCAMOS XOGOS NOVOS PARA A BIBLIO!!!!

Este curso estamos a mellorar moito a nosa biblioteca grazas ao PLAMBE (Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares). Mercamos mobiliario novo e aumentamos os nosos fondos bibliográficos (contos, libros de lectura para todas as idades, libros de ciencias, de deportes, de Inglés, de consulta...).

Pero ademais destes recursos, quixemos crear un RECUNCHO CREATIVO E LÚDICO na nosa Biblio; trátase dun espazo onde os nenos e nenas poden desenvolver a súa creatividade, razonamento lóxico e o seu inxenio, a través de xogos educativos.

Así que comezamos mercando unha gran variedade de xogos que podedes ver no seguinte vídeo...

Estamos desexando estrealos!!

MARCAPÁXINAS " A VOLTA AO MUNDO"

Outra das actividades que fixemos co gallo do Día do Libro, e relacionado co noso Proxecto A Volta ao Mundo, foi elaborar uns marcapáxinas con debuxos dos diferentes países que estamos a traballar este ano: China, Exipto, Brasil, España e Marrocos.

No vídeo podedes ver como nos quedaron e o mural que fixemos con eles... 

Distribuir contido