Complementarias

FIN DE CURSO 2018

E xa para rematar o curso...festa de fin de curso!!!!!!!!

O equipo docente do CEIP Santa María deséxavos unhas felices vacacións!!

VÉMONOS EN SETEMBRO COAS PILAS CARGADAS!!!

Fin de curso 2018 from Mariola on Vimeo.

EXCURSIÓN FIN DE CURSO

Os alumnos e alumnas de 5º e 6º de Primaria gastaron as últimas enerxías que lles quedaban, na excursión de fin de curso en Viveiro.

Pasárono xenial!!

No seguinte vídeo podedes ver un pequeno resumo das actividades que puideron disfrutar.

Excursión fin de curso from Mariola on Vimeo.

EXPOSICIÓN DO IES: VIVINDO EN DOUS TEMPOS

Onte visitamos a exposición do IES Fontem Albei:

"Vivindo en dous tempos"

Encantounos!!

Queremos felicitar aos alumnos e alumnas do IES polo traballo que realizaron.

Vivindo en dous tempos from Mariola on Vimeo.

LETRAS GALEGAS 2018

No seguinte vídeo podedes ver outra parte do Festival das Letras Galegas que celebramos este curso.

Esperamos que disfrutedes coas actuacións, porque realmente temos uns nenos e unhas nenas que son uns verdadeiros artistas!!!

Letras Galegas 2018 from Mariola on Vimeo.

CAMPAÑA ESCOLAR APRENDENDO IGUALDADE

No noso cole participamos na CAMPAÑA ESCOLAR APRENDENDO IGUALDADE proposta pola Deputación Provincial de Lugo.

Este proxecto ten o obxectivo de fomentar entre o alumnado de Educación Infantil e Primaria, xunto co profesorado, actitudes favorables á educación e á convivencia en iguadade entre nenas e nenos.

A actividade consistía en traballar o conto: "Vanesa non quere ser princesa" e posteriormente había que elaborar un mural-homenaxe ás mulleres do noso concello; para elo, cada nena e neno tiña que escoller unha muller a que admiren e debuxala para colocar no mural.

No seguinte vídeo podedes ver o resultado.

Aprendendo Igualdade from Mariola on Vimeo.

DÍA DAS LETRAS GALEGAS. OBRA DE TEATRO

No seguinte vídeo podedes disfrutar da obra de teatro que prepararon os alumnos e alumnas de 6º de Primaria para o Festival das Letras Galegas, que leva por título:

" O testamento do tío Nacho".

Esperamos que vos guste!!

Día das Letras Galegas from Maria on Vimeo.

FESTIVAL DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2018

No seguinte vídeo podedes ver algunhas das actuacións do Festival das Letras Galegas.

Esperamos que vos gusten!!!! 

Festival Día das Letras Galegas from CEIP Fonsagrada on Vimeo.

FESTIVAL DAS LETRAS GALEGAS

A semana pasada celebramos o FESTIVAL DAS LETRAS GALEGAS.

Comezamos coñecendo un anaquiño da vida e obra da escritora homenaxeada este ano, MARÍA VICTORIA MORENO.

Festival das Letras Galegas from CEIP Fonsagrada on Vimeo.

DÍA DAS LETRAS GALEGAS. CONCURSO MARÍA VICTORIA MORENO

O curso pasado levamos a cabo unha actividade en colaboración co CEIP Gregorio Sanz de Ribadeo; como nos resultou tan positiva e nos gustou tanto, este ano decidimos volver a coordinarnos con eles para facer otra actividade.

Nesta ocasión, e aproveitando a celebración das Letras Galegas quixemos facer un concurso sobre a autora homenaxeada este ano, María Victoria Moreno

A continuación podedes ver como se desenvolveu a actividade...

QUEREMOS DAR AS GRAZAS AOS ALUMNOS E ALUMNAS DO CEIP GREGORIO SANZ E OS SEUS MESTRES E MESTRAS!!!

Concurso María Victoria Moreno from CEIP Fonsagrada on Vimeo.

VISITOUNOS O SEPRONA

Onte tivemos a visita do SEPRONA, o servizo da Garda Civil encargado da protección da natureza.

Faláronnos principalmente dos incendios forestais, dos danos que ocasionan e das precaucións que debemos adoptar para evitar que se produzan.

Seprona from Mariola on Vimeo.

Distribuir contido