Dinamización da Lingua Galega

CONTACONTOS EN FAMILIA

Hoxe tivemos a visita na biblioteca, da mamá de Hugo Villar.

Os alumnos e alumnas de 3º de primaria puidemos disfrutar duns contos que nos veu a ler.

Ao finalizar fixémoslle entrega do diploma de agradecemento, por ter participado no noso Contacontos en Familia.

MOITAS GRAZAS COVI!!

CONTACONTOS EN FAMILIA

Hoxe visitou a nosa Biblioteca, o papá de Uxía.

Veu a contarnos uns contiños que nos gustaron e nós fixeron rir moito.

E como xa casi rematamos o curso, fixémoslle entrega do diploma de agradecemento ás familias, que se animan a participar no Contacontos en Familia.

MOITAS GRAZAS ANTONIO!!

CONTACONTOS EN FAMILIA

Onte os nenos e nenas de Infantil puidemos disfrutar da visita, na nosa Biblio, da mamá e do papá de Irene.

Viñeron a contarnos dous contos que nos encantaron: "He llegado tarde porque..." e "A pita vermella".

E como xa estamos rematando o curso, fixémoslles entrega do diploma de agradecemento ás familias que participaron no Contacontos en Familia.

MOITAS GRAZAS TERESA E KIKE

CONTACONTOS EN FAMILIA

Hoxe tivemos a visita no noso cole da mamá de Icía, veunos a ler unha morea de contos chulísimos!!

Os alumnos e alumnas de 1º e 2º de Primaria, pasámolo xenial escoitando as historias.

Ao finalizar o Contacontos, fixemos entrega do diploma de agradecemento por querer vir a compartir con nós estes momentos de lectura.

MOITAS GRAZAS MARTA!!

CONTACONTOS EN FAMILIA

O luns, os nenos e nenas de Infantil disfrutamos dun Contacontos en Familia moi especial; tivemos a visita na Biblio da mamá, dos avós e do irmán de Ainhoa, da aula de 3 anos. Neste caso animouse a lernos o conto de Pinocho, a avoa de Ainhoa.

Unha vez que escoitamos o conto, fixemos entrega á familia, do diploma de agradecemento pola participación nesta actividade.

MOITAS GRAZAS POLA VOSA VISITA, FAMILIA!!!

CONTACONTOS EN FAMILIA

O pasado venres, os nenos e nenas de Infantil puidemos disfrutar dun Contacontos en Familia. Nesta ocasión, a encargada de contarnos un conto chulísimo, foi a mamá de Iker, da aula de 5 anos.

Gustounos moito o conto e pasámolo xenial!!

Ao finalizar o conto, fixemos entrega do diploma de agradecemento pola participación na actividade de Biblioteca.

MOITAS GRAZAS VANESA!!

APADRIÑAMENTOS LECTORES 2019

Onte celebramos os Apadriñamentos Lectores!!

Os alumnos e alumnas de 5º e 6º léronlles contos ao resto do colexio; formamos grupos con nenos e nenas de todos os cursos.

Pasámolo xenial!!

No seguinte vídeo, podedes ver un pequeno resumo...

MARCHAMOS DE EXCURSIÓN Á CORUÑA!!!

O mércores 22 de maio, fomos de excursión á Coruña cos alumnos e alumnas de 2º, 3º, 4º, 5º e 6º de Primaria.

Comezamos visitando a Casa do Home; gustounos moito a experiencia xa que está chea de xogos interactivos.

Despois visitamos o Acuario.

E para finalizar a nosa excursión quixemos coñecer tamén a Casa das Ciencias.

No seguinte vídeo, podedes ver un resumo do ben que o pasamos e do que disfrutamos experimentando con cada xogo.

Casa do Home 1ª parte

 Casa do Home 2ª parte

Acuario.

Casa das Ciencias.

 

CAMIÑATA ATA A AULA VERDE

O mércores 22 de maio, os nenos e nenas de Infantil e os de 1º de Primaria, fixeron unha camiñata ata a Aula Verde de Fonsagrada.

Ao chegar, merendaron; despois tiveron diversos xogos por estacións: carreira de sacos, o paracaídas, a pita cega e o topo (xogo que consiste en adiviñar obxectos que anteriormente buscarán na natureza)...ata tiveron un obradoiro de "pintacaras".

Pasárono xenial!!! 

GYMKANA ANTÓN FRAGUAS

Para celebrar o Día das Letras Galegas, ademais do Festival coas diferentes actuacións por grupos, tamén quixemos realizar unha GYMKANA adicada a Antón Fraguas.

Na gymkana, as probas xiraban en torno a o libro: A detective Peregrina e o insólito "caso Antón Fraguas".

Pasámolo xenial!! E todos levamos agasallo!!

No seguinte vídeo podedes ver un resumo da actividade.

Distribuir contido