Complementarias

DÍA DA ÁRBORE

O 21 de marzo conmemórase o Día da árbore!! 

No noso cole celebrámolo plantando unha ábore no patio.    

ENTROIDO NA RÚA!!!!

Este ano, como tivemos bo tempo, puidemos celebrar o Entroido na rúa!!!!

Saímos polo pobo, dimos un paseo ata o Concello e finalmente na Praza da Igrexa, cada grupo representamos o baile do pais que estamos a traballar no Proxecto.

Como este curso estamos a desenvolver o Proxecto A Volta ao Mundo, cada clase caracterizámonos con traxes dos diferentes paises: China, Exipto, Brasil, Marrocos e España.

PASÁMOLO XENIAL!!!!

Nos seguintes vídeos podedes ver o desfile pola rúas e as actuacións de cada grupo...

 

TIVEMOS A VISITA DUNHA MISIONEIRA DE ÁFRICA!!!

Onte tivemos a visita dunha Misioneira de Manos Unidas, que desempeña as súas funcións en África, concretamente na zona de Burkina Faso.

Contounos en que consiste o seu traballo e cómo é a vida das mulleres alí.

DÍA DA PAZ E NON VIOLENCIA

Hoxe 30 de xaneiro celebramos o Dia Escolar da Paz e Non Violencia.

Para conmemoralo no noso cole decidimos facer unha Latucada e uns Cubos da Paz.

Para elaborar os Cubos da Paz quixemos relacionalo co Proxecto A volta ao Mundo, que estamos a levar a cabo este curso. Para elo cada grupo elaborou a súa caixa buscando os Premios Nobel da Paz de cada un dos países que estamos a traballar.

No primeiro vídeo podedes ver como traballamos para decorar as caixas coa información recopilada.

E no segundo vídeo, podedes ver a Latucada pola Paz coa que os nenos e nenas da Fonsagrada quixemos facer moito "barullo" coas nosas latas para celebrar este día. Para elo coordinámonos coa Escola Infantil A Galiña Azul e cun grupo de alumnos e alumnas do IES Fontem Albei.

MOITAS GRAZAS A TODOS E TODAS POLA COLABORACIÓN!!

FESTIVAL DE NADAL 2018

Xa voltamos ao cole e coas pilas cargadas!!!!!

Se queredes recordar o que fixemos no Festival de Nadal, podédelo ver no seguinte vídeo.

Esperamos que vos guste!!

Festival Nadal 2018 from CEIP Fonsagrada on Vimeo.

BO NADAL!!!

No seguinte vídeo, podedes ver a nosa árbore de Nadal xa montada.  Como xa vós contábamos en anteriores vídeos, elaborámola coas bandeiras dos diferentes países que estamos a traballar no noso Proxecto A volta ao mundo. Ademais quixemos felicitar o Nadal nas súas diferentes linguas.

Ao final do vídeo, poderedes tamén disfrutar da panxoliña que nos ofreceron os nenos e nenas de 3º de Primaria, típica do país que están a traballar, Brasil.

Esperamos que vós guste!!

E deste xeito, o equipo docente do CEIP Plurilingüe Santa María, queremos felicitarvos as festas...

BO NADAL E FELIZ 2019!!

Nadal 2018 from CEIP Fonsagrada on Vimeo.

MUSICAL: O TRAXE NOVO DO EMPERADOR

O mércores 28 de novembro fomos ao Auditorio Gustavo Freire de Lugo, a ver o musical: "O traxe novo do emperador" .

Despois puidemos disfrutar un ratiño, no Parque de Frigsa, nos columpios.

Pasámolo xenial!!!!!

No seguinte vídeo podedes ver un resumo...

Musical Auditorio Lugo from CEIP Fonsagrada on Vimeo.

25 DE NOVEMBRO. DÍA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

O día 25 de novembro celebrouse o Día contra a Violencia de Xénero.

Dende o noso cole, quixemos conmemorar este día participando, ao igual que o curso pasado, no Proxecto colaborativo #equaliter realizado entre máis de 60 colexios de toda Galicia e organizado polo CEIP Aquilino Iglesias Alvariño de Abadín. Cada centro elaboramos un mural co paxariño de twiter onde plasmamos as nosas mans en contra da violencia. Ademais de realizar un vídeo cos alumnos de 3º, 4º, 5º e 6º de Primaria.

Dende o noso centro queremos felicitar ao colexio de Abadín por este Proxecto levado a cabo, un ano máis. NORABOA POLA INICIATIVA!!

DÍA INTERNACIONAL DOS DEREITOS DOS NENOS E DAS NENAS

Hoxe, 20 de Novembro celebramos o Día Internacional dos Dereitos dos Nenos e das Nenas!!

Por este motivo, os alumnos e alumnas de 3º de Primaria elexiron algúns dos dereitos máis importantes e viñéronnolos a contar, polas aulas, ao resto dos nenos e nenas de todo o cole.

Día do neno e da nena from CEIP Fonsagrada on Vimeo.

SAMAÍN 2018

Este ano, para celebrar a festa de Samaín quixemos levar a cabo varias actividades; organizamos un concurso de relatos de medo, os nenos e nenas de Infantil bailaron a canción de "Corre, corre cabaciña", os alumnos de 3º e 4º de Primaria ensináronnos a canción " A figueira de Pelos Tortos", os alumnos de 5º contáronnos un pouquiño sobre a tradición do Samaín, e leronnos a Lenda da Cabaza; e os nenos e nenas de 1º e 2º representaron unha obra de teatro en inglés que levaba por título: " A scary witch".

PASÁMOLO DE MEEEEEDOOOO!!!!!!!!

Nos seguintes vídeos, podedes ver como foi a nosa festa de Samaín...

Samaín from CEIP Fonsagrada on Vimeo.

Samaín from CEIP Fonsagrada on Vimeo.

Distribuir contido