Dinamización da Lingua Galega

DÍA DA PAZ.

Celebramos o Día da Paz. Tamén eleximos "a palabra máis fermosa" da nosa lingua.

Conferencia Camiño de Santiago.

Dentro das actividades elixidas para iniciar o Proxecto "O Camiño de Santiago", o cal se desnvolverá este curso no noso centro, recibimos a visita de Jose Salgado.

Grazas a el descubrimos moitas historias e curiosidades sobre a orixe e fundadores do Camiño, así como a riqueza histórica e a repercusión cultural da Fonsagrada.

CONTACONTOS EN FAMILIA

Hoxe rematamos a actividade de Contacontos en Familia da Biblioteca, por este curso. Esperamos que o vindeiro curso se animen máis familias a participar.

Nesta ocasión, visitounos a mamá de Aitor que nos contou un conto moi bonito, que fala da amizade e de aceptarnos tal e como somos, titúlase: Grande da Editorial Apila.

Gustounos moito!!

MOITAS GRAZAS MAYDA!! 

CONTACONTOS EN FAMILIA

Hoxe os nenos e nenas de Infantil tivemos Contacontos en Familia.

Esta vez estivo na nosa Biblioteca, a mamá de Sarela; que veu a contarnos un conto que nos gusta moito e nós fala das distintas emocións, "O monstro de cores"

Ao finalizar a actividade, fixémoslle entrega dun diploma de agradecemento por colaborar con nós, na labor de espertar no noso alumnado, o interese pola lectura.

MOITAS GRAZAS MELI!!

E MARCHAMOS DE EXCURSIÓN A LUGO!!

A semana pasada, os alumnos e alumnas de 1º, 2º, 3º e 4º de primaria, fomos de excursión a Lugo.

Primeiro disfrutamos dunha sesión de cine, na que puidemos ver a película de Aladdin; que nos gustou moito!!

Despois de comer, fomos a dar un paseo polas rúas de Lugo; onde puidemos ver algúns campamentos romanos, que estaban xa instalados para celebrar a festa do Arde Lucus.

Para finalizar coa nosa visita á cidade, acercámonos ao Parque Rosalía de Castro para merendar e poder pasar un ratiño nos columpios.

Pasámolo xenial!!

CONTACONTOS EN FAMILIA

O venres, os nenos e nenas de 1º e 2º, puidemos disfrutar dun Contacontos en Familia.

Nesta ocasión, os encargados de contarnos unhas historias  chulísimas do conto: "De mayor quiero ser... feliz", foron os papás de Manuel.

Encantounos a actividade tan interactiva que deseñaron, facéndonos partícipes a todos/as.

MOITAS GRAZAS MARISOL E EMILIO!!

CONTACONTOS EN FAMILIA

Esta semana os alumnos e alumnas de terceiro de primaria, puidemos disfrutar dun conto que nos veu a ler a mamá de Melissa.

Gustounos moito e ao final entregámoslle un diploma de agradecemento.

MOITAS GRAZAS PATRICIA!

CONTACONTOS EN FAMILIA

Esta semana tivemos unha visita moi especial na nosa Biblio; veu Yrma, mamá de Andrés e mestra do colexio, o curso pasado.

Contounos un conto que nos gustou moito e que non coñeciamos: "Feroz, o lobo" da Editorial OQO.

Tamén lle fixemos entrega dun diploma de agradecemento, por vir a compartir con nós momentos de lectura e axudarnos a espertar, nos nenos e nenas, o interese pola lectura.

MOITAS GRAZAS YRMA!!

CONTACONTOS EN FAMILIA

Os alumnos e alumnas de Infantil e os de 3º de Primaria disfrutamos dun Contacontos en Familia na Biblioteca, da man de Flor, a mamá de Samuel e Brais.

Veu a contarnos unha morea de contos, que nos encantaron.

Unha vez rematada a sesión, fixémoslle entrega do diploma de agradecemento por ter participado nesta actividade.

MOITAS GRAZAS FLOR!

CONTACONTOS EN FAMILIA

Os nenos e nenas de 1º e 2º de primaria puidemos disfrutar dun Contacontos en Familia na biblio.

Nesta ocasión a encargada de lernos un conto foi a mamá de Alex Aldrey; que nós contou un conto que nos gustou moito: "O país dos mandóns"

MOITAS GRAZAS EVA!!

Distribuir contido