Actividades de dinamización da Biblioteca

Actividades de dinamización da Biblioteca

INTERCAMBIO DE MARCAPÁXINAS E ENTREGA DE AGASALLOS

Hoxe tivemos varias actividades na Biblioteca:

Primeiro fixemos un intercambio de marcapáxinas.

Na celebración do Día do Libro, elaboráramos uns marcapáxinas relacionados co Proxecto A volta ao Mundo; hoxe cada alumno/a puido regalarlle a algún compañeiro ou compañeira o seu marcapáxinas.

A continuación, fixemos entrega dun agasallo aos alumnos e alumnas de 5º e 6º de primaria por participar no Programa de Bibliotecas Solidarias, dentro da modalidade lecturas dentro e fóra do centro; no cal acudimos ás diferentes Residencias de Maiores da localidade e a Escola Infantil A Galiña Azul a lerlles uns contos.

E por último, tamén fixemos entrega dun agasallo aos participantes e ao gañador do Concurso Adiviña que monumento é... que puxéramos en marcha na biblio.

CONTACONTOS EN FAMILIA

Hoxe rematamos a actividade de Contacontos en Familia da Biblioteca, por este curso. Esperamos que o vindeiro curso se animen máis familias a participar.

Nesta ocasión, visitounos a mamá de Aitor que nos contou un conto moi bonito, que fala da amizade e de aceptarnos tal e como somos, titúlase: Grande da Editorial Apila.

Gustounos moito!!

MOITAS GRAZAS MAYDA!! 

CONTACONTOS EN FAMILIA

Hoxe os nenos e nenas de Infantil tivemos Contacontos en Familia.

Esta vez estivo na nosa Biblioteca, a mamá de Sarela; que veu a contarnos un conto que nos gusta moito e nós fala das distintas emocións, "O monstro de cores"

Ao finalizar a actividade, fixémoslle entrega dun diploma de agradecemento por colaborar con nós, na labor de espertar no noso alumnado, o interese pola lectura.

MOITAS GRAZAS MELI!!

DISFRUTANDO DO RECUNCHO CREATIVO CON XOGOS DE MESA NOVOS!!

O venres pasado, disfrutamos dunha sesión de xogos para todo o colexio.

Como xa comentamos en numerosas ocasións, este curso puidemos aumentar considerablemente os nosos fondos da Biblioteca, grazas ao PLAMBE e a Bibliotecas Inclusivas.

Unha das novidades é un Recuncho Creativo que estamos a poñer en marcha e que queremos dotar de diversos recursos, entre eles destacan os xogos de mesa.

Trátase de xogos que teñen como finalidade desenvolver o inxenio, a linguaxe, a capacidade de estratexia, o razoamento lóxico, entre outras habilidades.

No seguinte vídeo podedes ver un resumo da actividade, e como disfrutamos desta sesión.

CONTACONTOS EN FAMILIA

O venres, os nenos e nenas de 1º e 2º, puidemos disfrutar dun Contacontos en Familia.

Nesta ocasión, os encargados de contarnos unhas historias  chulísimas do conto: "De mayor quiero ser... feliz", foron os papás de Manuel.

Encantounos a actividade tan interactiva que deseñaron, facéndonos partícipes a todos/as.

MOITAS GRAZAS MARISOL E EMILIO!!

ESTREANDO OS XOGOS NOVOS DA BIBLIO!!

Como xa vós comentamos máis veces, este curso coa axuda do PLAMBE e de Bibliotecas Inclusivas poidemos aumentar os nosos fondos e mellorar a nosa biblio do cole.

Unha das novidades foi a creación dun Recuncho Creativo dotado dunha gran variedade de xogos; a finalidade destes recursos é traballar a linguaxe, as matemáticas, o razoamento lóxico, a atención, a memoria, o inxenio e a capacidade de estratexia do noso alumnado.

Os primeiros en estrealos fomos os nenos e nenas de 1º e 2º de primaria, que o venres pasado tivemos unha sesión de diferentes xogos, polos que fomos rotando.

PASÁMOLO XENIAL E GUSTÁRONNOS MOITO!!

CONTACONTOS EN FAMILIA

Esta semana os alumnos e alumnas de terceiro de primaria, puidemos disfrutar dun conto que nos veu a ler a mamá de Melissa.

Gustounos moito e ao final entregámoslle un diploma de agradecemento.

MOITAS GRAZAS PATRICIA!

CONTACONTOS EN FAMILIA

Esta semana tivemos unha visita moi especial na nosa Biblio; veu Yrma, mamá de Andrés e mestra do colexio, o curso pasado.

Contounos un conto que nos gustou moito e que non coñeciamos: "Feroz, o lobo" da Editorial OQO.

Tamén lle fixemos entrega dun diploma de agradecemento, por vir a compartir con nós momentos de lectura e axudarnos a espertar, nos nenos e nenas, o interese pola lectura.

MOITAS GRAZAS YRMA!!

CONTACONTOS EN FAMILIA

Os alumnos e alumnas de Infantil e os de 3º de Primaria disfrutamos dun Contacontos en Familia na Biblioteca, da man de Flor, a mamá de Samuel e Brais.

Veu a contarnos unha morea de contos, que nos encantaron.

Unha vez rematada a sesión, fixémoslle entrega do diploma de agradecemento por ter participado nesta actividade.

MOITAS GRAZAS FLOR!

CONTACONTOS EN FAMILIA

Os nenos e nenas de 1º e 2º de primaria puidemos disfrutar dun Contacontos en Familia na biblio.

Nesta ocasión a encargada de lernos un conto foi a mamá de Alex Aldrey; que nós contou un conto que nos gustou moito: "O país dos mandóns"

MOITAS GRAZAS EVA!!

Distribuir contido