Complementarias

Saída lúdico-deportiva a Lugo.

O 4 de marzo os alumnos e alumnas de Primaria, agás os de 1º, visitaron a cidade de Lugo para disfrutar dunha sesión lúdica-deportiva. Nos seguintes vídeos pódense observar as distintas actividades que realizamos ao longo do día.

DÍA DA PAZ.

Celebramos o Día da Paz. Tamén eleximos "a palabra máis fermosa" da nosa lingua.

ANIVERSARIOS 1º TRIMESTRE.

DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE.

O 3 de decembro celebramos o Día Internacional das persoas con discapacidade. Realizamos unha serie de talleres que podedes ver no seguinte vídeo.

FESTA FIN DE CURSO!!!!

E chegou o final do curso!! Para celebralo tivemos festa de inchables!! Pasámolo xenial!!

E con esto nós despedimos ata setembro!!

BO VERÁN!!!!!

E MARCHAMOS DE EXCURSIÓN A LUGO!!

A semana pasada, os alumnos e alumnas de 1º, 2º, 3º e 4º de primaria, fomos de excursión a Lugo.

Primeiro disfrutamos dunha sesión de cine, na que puidemos ver a película de Aladdin; que nos gustou moito!!

Despois de comer, fomos a dar un paseo polas rúas de Lugo; onde puidemos ver algúns campamentos romanos, que estaban xa instalados para celebrar a festa do Arde Lucus.

Para finalizar coa nosa visita á cidade, acercámonos ao Parque Rosalía de Castro para merendar e poder pasar un ratiño nos columpios.

Pasámolo xenial!!

MARCHAMOS DE EXCURSIÓN Á CORUÑA!!!

O mércores 22 de maio, fomos de excursión á Coruña cos alumnos e alumnas de 2º, 3º, 4º, 5º e 6º de Primaria.

Comezamos visitando a Casa do Home; gustounos moito a experiencia xa que está chea de xogos interactivos.

Despois visitamos o Acuario.

E para finalizar a nosa excursión quixemos coñecer tamén a Casa das Ciencias.

No seguinte vídeo, podedes ver un resumo do ben que o pasamos e do que disfrutamos experimentando con cada xogo.

Casa do Home 1ª parte

 Casa do Home 2ª parte

Acuario.

Casa das Ciencias.

 

CAMIÑATA ATA A AULA VERDE

O mércores 22 de maio, os nenos e nenas de Infantil e os de 1º de Primaria, fixeron unha camiñata ata a Aula Verde de Fonsagrada.

Ao chegar, merendaron; despois tiveron diversos xogos por estacións: carreira de sacos, o paracaídas, a pita cega e o topo (xogo que consiste en adiviñar obxectos que anteriormente buscarán na natureza)...ata tiveron un obradoiro de "pintacaras".

Pasárono xenial!!! 

DÍA DE EUROPA

O 9 de maio celebramos o DÍA DE EUROPA.

Nós, para conmemorar este día, quixemos investigar qué países forman parte da Unión europea, cómo son os euros nos diferentes países, que imaxes aparecen no reverso das moedas; é dicir, a cara nacional que presentan que é a que nos indica o país emisor.

Con toda a información recollida, elaboramos un  mural que podedes ver no seguinte vídeo.

PROGRAMA ATRÉVETE

A semana pasada as alumnas e os alumnos de 5º e 6º de Primaria viaxaron a Lugo ao CIFP Politécnico dentro do Programa Atrévete; este programa que se desenvolve no marco do Plan eduemprende vai dirixido a fomentar, motivar, e sensibilizar ao alumnado de educación primaria e educación secundaria obrigatoria no espírito emprendedor. 

Con esta actividade, os nenos e nenas puideron coñecer en que consiste a formación dos diferentes ciclos, que imparten neste instituto de Lugo.

Distribuir contido