Dinamización da Lingua Galega

SEMANA DO LIBRO

Durante a Semana do Libro realizamos distintas actividades que a continuación presentamos.

Para conmemorar o Día do Libro fixemos "Bocados de Lectura". O alumnado escolleu un libro e, despois de lelo, fixo un "bocata". No bocadillo explicaron desde o título e autor, pasando polas personaxes e lugares da historia, así como un breve resumo do libro. Vamos, que alimentaron ben a mente.

Por outro lado, os nenos e nenas de Infantil ata 3º de Primaria inclusive, acudiron ao Salón de Actos dos Chaos para presenciar o espectáculo "Apalpadora" respresentado polo compañía Velaísca.

Ademais, dentro do Plan Proxecta "Aliméntate Ben", visitaron o centro os membros do Programa "Ti si es que un ... Bo peixe". Nesta actividade participaron tódolos cursos por separado, na cal descubriron distintas curiosidades das especies mariñas que podemos encontrar nas nosas augas.

Día de Rosalía

No seguinte vídeo ensinámosvos as actividades que realizamos para conmemorar o Día de Rosalía de Castro (24 de febreiro). Agardamos que vos guste!

Día de Rosalía from CEIP Fonsagrada on Vimeo.

ENTROIDO 2021

No seguinte vídeo mostrámosvos a celebración do Entroido no noso centro. Agardamos que vos guste.

FESTIVAL DE NADAL 2020

A continuación mostramos un vídeo resumo do Festival de Nadal celebrado o pasado martes 22 de decembro. Bo Nadal a tod@s.

25N DÍA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO.

No CEIP Plurilingüe Santa María reivindicámonos en contra da violencia de xénero. A continuación podedes observar as actividades realizadas para conmemorar o 25N, e facer fincapé na erradicación deste problema que vivimos na nosa sociedade.

SAMAÍN/HALLOWEEN 2020

Outro curso máis celebramos o Samaín/Halloween no noso cole. Felicitar aos nenos e nenas polo gran traballo que fixeron decorando o colexio para a ocasión e escribindo unha relatos de medo arrepiantes.

LETRAS GALEGAS 2020. HOMENAXE A CARBALLO CALERO.

Nos seguintes vídeos pódense ver os traballos realizados polos distintos cursos con motivo da celebración da Semana das Letras Galegas. Nesta edición o escritor homenaxeado é Ricardo Carvallo Calero.

Grazas a todas as familias por colaborar na realización desta actividade.

SEMANA DAS LETRAS GALEGAS.

Para darlle a benvida a Semana das Letras Galegas, presentamos estos dous vídeos que vos permitirán coñecer mellor ao homenaxeado desta edición, Ricardo Carballo Calero.

ENTROIDO 2020.

O día 21 de febreiro celebramos o Entroido no noso centro. Como cada ano, fixemos un desfile polo pobo para ensinar os nosos disfraces aos nosos veciños e veciñas fonsagradinas. Posteriormente tódolos nenos e nenas representaron unha coreografía na Praza da Igrexa. Agradecer a implicación das familias neste día.

Día Mundial do Autismo.

Hoxe celébrase o Día Mundial do Autismo. Por este motivo mostrámosvos este vídeo realizado por outro centro para conmemorar dita data. 

Distribuir contido