Actividades de dinamización da Biblioteca

Actividades de dinamización da Biblioteca

DÍA DO LIBRO

Hoxe celebramos o Día do Libro. Aínda que a situación que estamos a vivir non é facil, que mellor ocasión para conmemorar esta data tan especial, e disfrutar do fantástico mundo da lectura en familia. Os mestres e mestras estamos moi orgullosos de vós, xa que estades a facer as tarefas de xeito exemplar e seguro que moi pronto "VOLVEREMOS A LER XUNTOS".

Día do libro

A continuación móstranse dúas ligazóns, nas cales tedes distintos recursos (contos contados, libros dixitais) para aproveitar durante este día e os vindeiros:

http://kalandraka.tv/gl/seccion2.php?id=33&pagina=1&video=Xos%20Ballesteros%20-%20O%20coellio%20Branco#PD_Xos%20Ballesteros%20-%20O%20coellio%20Branco

https://baiaedicions.gal/editorial/baia-edicions-con-vos-na-casa/

Ao longo destes días iremos subindo a web todos os traballos que nos enviedes para celebrar esta data.

BIBLIOTECAS SOLIDARIAS. VISITAS ÁS RESIDENCIAS.

Os alumnos e alumnas de 5º e 6º de Primaria visitaron as seguintes Residencias de Maiores: Santa María, Remanso de Paz, As Rodas e Pobra de Burón

Os nenos e nenas representaron a obra de teatro "O espíritu do Nadal", a cal tivo gran aceptación por parte dos avós e avoiñas. Os nosos maiores tamén foron protagonistas, xa que compartiron distintas experiencias e historias moi interesantes.

Agradecemos a todo o persoal das Residencias a súa acollida e participación na actividade.

MOITAS GRAZAS!!

DÍA DA BIBLIOTECA

O 24 de Outubro, Día da Biblioteca, visitounos Gumersindo Rego, médico e escritor, nado na Fonsagrada. Foi un encontro moi interesante, Gumersindo contounos como foi a súa infancia, ben diferente á nosa...e, como o interese por saber e pola lectura lle fixo chegar a ser un gran profesional e, o que é máis importante, unha gran persoa; un sabio da nosa Terra.

Día da Biblioteca

Para o Día da Biblioteca os alumn@s de Cuarto fixeron un moi bo traballo sobre o primeiro libro que leron este curso "Leandro, el niño horrible". Compartírono con tod@s nós. Así de interesante foi.

Día da Biblioteca

Os nen@s de Quinto e Sexto presentáronnos o Día da Biblioteca esta interesante reseña do seu libro de lectura, unha adaptación do Quixote. Contáronnos todo isto...

Concurso de Relatos de Samaín

Relatos de Samaín dos alumn@s de Primaria...Todos están terroríficamente xeniales!!!!

Contacontos en Educación Infantil

O Día da Biblioteca os nenos e nenas de Educación Infantil xuntáronse para ler xuntos o conto de Pinocho. Así de ben o pasaron...!!!!

DÍA DA BIBLIOTECA

Marco que fixeron os alumn@s de primeiro, segundo e terceiro para o Día da Biblioteca. Xenial Photocall!!!

DÍA DA BIBLIOTECA

O Día da Biblioteca visitounos o Teatro de Marionetas Trécola "The Piccole Theatre", unha experiencia inolvidable, pasamolo xenial!!

DIA DA BIBLIOTECA

Para celebrar o Día da Biblioteca fixemos unha visita á Biblioteca do IESP Fontem Albei e á Biblioteca Pública do noso Concello. Gracias a Nelson, profesor encargado da Biblioteca do IESP e a Noelia da Biblioteca Pública que se portaron xenial con nós e pasamos un tempo estupendo nas visitas!!!

Distribuir contido