Proxecto Deportivo do Centro

Proxecto Deportivo do Centro

I PARAOLIMPIADAS 2017

O día 3 de decembro conmemorouse o Dia das Persoas con Discapacidade.

Por iso, no noso cole as nenas e nenos quixemos celebrar as I Paraolimpiadas da Fonsagrada.

Fixemos equipos que ían rotando por diversos deportes: GOALBALL, SITTING-VOLEIBOL, BASKET EN SILLA, FÚTBOL INDIO E CARREIRA DE RELEVOS.

Pasámolo xenial!!!

Pero o máis importante é que, nos puidemos poñer no lugar de aquelas persoas que presentan algún tipo de discapacidade; e comprobar por nós mesmos, que iso non é impedimento para prácticar deporte e en definitiva, participar na vida en sociedade de xeito inclusivo.

A continuación, podedes ver un vídeo resumo...

I Paraolimpiadas 2017 from ceip santa maria on Vimeo.

LIGAS INTERNAS

Ó longo do terceiro trimestre disputáronse distintas Ligas Internas no período de Recreo. As modalidades escollidas foron balonmán e fútbol sen balón. Participaron todos os nenos e nenas de Primaria, onde os equipos estaban obrigados a ter membros de tódolos cursos. A pesar de que como en toda Liga sempre ten que haber un campión, tódolos nenos e nenas saíron gañadores, porque ademais de facer exercicio pasárono fenomenal.

Liga deportiva from ceip santa maria on Vimeo.

HOXE TIVEMOS ENTREGA DE PREMIOS!!!!!

Hoxe tivemos moitas actividades no cole; entre elas a entrega de medallas da I Carreira de Orientación pola LINGUA GALEGA e a continuación, tamén se fixo entrega dun agasallo para os gañadores da Liga Interna de Balonmán e Fútbol sen balón, que se desenvolveu durante os recreos.

Podedes ver no seguinte vídeo, un pequeno resumo:

Entrega de premios from CEIP Fonsagrada on Vimeo.

I Carreira de orientación pola LINGUA GALEGA

Esta mañá os nosos nenos e nenas realizaron a I Carreira de orientación pola Lingua Galega. 

Cun mapa, foron chegando ata as diversas balizas, de forma organizada e en grupos. Descubriron pistas que os levaron a descifrar o gran segredo final: Carlos Casares, ese magníico escritor galego ao que este ano lle adicamos especial atención. 

 

I Carreira de orientación pola LINGUA GALEGA from Maria on Vimeo.

CARREIRA SOLIDARIA SAVE THE CHILDREN

O día 15 de maio, celebramos a carreira solidaria Save the Children.

A finalidade era recaudar fondos para os nenos e nenas de Etiopía.

Dado que ese día, tamén se celebra o Día da Familia, convidamos aos pais e nais dos nosos alumnos para que tamén participasen con nós, na carreira.

Moitas grazas a todos!!!!!

Save the children from ceip santa maria on Vimeo.

A bailar...!

Como o Entroido é época de festa e baile, todos e todas as nenas realizamos uns bailes e puxémonos a mover o esqueleto...!! Este foi o resultado, pasámolo xenial!

A bailar...! from ceip santa maria on Vimeo.

Distribuir contido