Complementarias

Entroido 2022

O pasado venres 25 de febreiro, celebramos o Entroido no colexio. A temática escollida para esta ocasión foi a "Seguridade Viaria". Cada curso optou por crear un deseño diferente. Aquí vos deixamos unha pequena mostra desta divertida xornada, acompañada pola degustación da gastronomía propia desta festividade.

Día de Rosalía

No seguinte vídeo ensinámosvos as actividades que realizamos para conmemorar o Día de Rosalía de Castro (24 de febreiro). Agardamos que vos guste!

Día de Rosalía from CEIP Fonsagrada on Vimeo.

ENTROIDO 2021

No seguinte vídeo mostrámosvos a celebración do Entroido no noso centro. Agardamos que vos guste.

DÍA DA PAZ

O venres 29 de xaneiro conmemoramos a festividade do Día da Paz no noso centro. Nos seguintes vídeos podedes ver as actividades realizadas polos nenos e nenas: a creación dun "violentovirus" por cada clase, a interpretación da canción "Contágiame tu paz" e a realización dun contacontos en Infantil por parte dos alumnos e alumnas de 6º de Primaria.

FESTIVAL DE NADAL 2020

A continuación mostramos un vídeo resumo do Festival de Nadal celebrado o pasado martes 22 de decembro. Bo Nadal a tod@s.

BO NADAL

Desde o CEIP Plurilingüe Santa María da Fonsagrada desexámosvos FELICES FESTAS E PRÓSPERO ANINOVO!

DÍA DA DECLARACIÓN DOS DEREITOS HUMANOS.

Para conmemorar o Día dos Dereitos Humanos, os nenos e nenas de Infantil e  Primaria realizaron as actividades que aparecen a continuación. Esperemos que vos gusten.

Campaña "AGRESIÓN OFF: Eu digo non á violencia sexual.

Os nenos e nenas de 5º e 6º de Primaria desprazáronse á Praza do Concello para visitar o stand da campaña "AGRESIÓN OFF: Eu digo non á violencia sexual.

DESPEDIDA DO CURSO.

Para despedir este curso tan especial gravamos este video como agradecemento a tódalas persoas que nos facilitastes o traballo durante este período de confinamento. Moita precaución e bo verán a todos e todas.

DÍA MUNDIAL DO MEDIO AMBIENTE.

Noseguinte vídeo podemos comprobar coma os nosos pequenos xardineiros e agricultores coidan o medio ambiente. Esta actividade, na que participan nenos e nenas de Infantil e 1º de Primaria, realízase pare conmemorar o Día Mundial do Medio Ambiente.

Distribuir contido