Dinamización da Lingua Galega

Día de Rosalía de Castro

Celebración do "Día de Rosalía de Castro".

Aquí vos deixamos unha pequena mostra das actividades realizadas polo alumnado do colexio para homenaxear a vida e obra da nosa querida poeta e escritora galega.

 

Celebración do Día da PAZ

O  pasado venres 28 de xaneiro celebramos no colexio o Día da PAZ realizando diversas actividades: contacontos nas aulas relacionados coa temática da Paz, decoración por cursos das portas das aulas, e tamén movemos o esqueleto  ao son das cancións: "Paz, paz, paz" do cantante Juanes, e maila canción "No "Dudaría", de Antonio Flores. 

Aquí vos deixamos unha mostra desta produtiva xornada.

Educación Infantil. Exposición na xornada do Magosto

Aquí vos deixamos unha breve achega da exposición que realizou o alumnado de Educación Infantil para celebrar a xornada do Magosto.:)

A nosa recolleita

 Este curso celebramos o MAGOSTO na escola cunha recolleita de produtos típicos da época e da nosa contorna. Todo o alumnado participou na exposición dos diferentes alimentos, ademais de degusta-lo noso froito estrela: a castaña!.

Pequena testemuña fotográfica da xornada!!.

A NOSA RECOLLEITA

Este ano celebramos o Magosto no colexio cunha recolleita e exposición dos produtos típicos desta época, e da nosa contorna máis próxima, ademais dunha degustación do noso alimento estrela: a castaña.

Todos os cursos participaron na exposición das diferentes temáticas e ensináronnos a coñecer mellor a riqueza cultural e gastronómica que atesoura a nosa comarca. Aquí vos deixamos unha pequena mostra:).

I SAMAÍN DEPORTIVO

Este ano celebramos o primeiro Samaín Deportivo no colexio, cargado de actividades a prol do deporte e de diferentes retos cooperativos a superar por cursos co fin de fomentar o traballo en equipo do alumnado. Así de ben o pasamos!!!. Deixámosvos unha pequena mostra :).

EXPRESIÓNS DA FONSAGRADA.

   
Durante o 2º e 3º trimestre realizouse unha actividade que tivo como principal obxectivo recoller tódalas frases ou palabras da comarca da Fonsagrada, as cales parecía que comezaban a desaparecer e que fan da nosa cultura galega algo único (ver foto adxunta).

OBRA DE TEATRO: "O testamento do tío Nacho".

Para despedir o curso, un grupo de nenos e nenas de 3º e 4º de Primaria representaron unha obra de teatro titulada "O testamento do tío Nacho". Trátase dunha obra moi divertida durante a cal os seus protagonistas estiveron a un gran nivel de interpretación. Esperamos que vos guste e bo verán de parte de todo o profesorado.

LETRAS GALEGAS 2021.

No seguinte vídeo aparecen resumidas as actividades realizadas polos nenos e nenas da Fonsagrada para conmemorar a Semana das Letras Galegas 2021, dedicadas este ano á escritora Xela Arias.

Distribuir contido