Actividades de dinamización da Biblioteca

Actividades de dinamización da Biblioteca

Día de Rosalía

No seguinte vídeo ensinámosvos as actividades que realizamos para conmemorar o Día de Rosalía de Castro (24 de febreiro). Agardamos que vos guste!

Día de Rosalía from CEIP Fonsagrada on Vimeo.

DÍA DA PAZ

O venres 29 de xaneiro conmemoramos a festividade do Día da Paz no noso centro. Nos seguintes vídeos podedes ver as actividades realizadas polos nenos e nenas: a creación dun "violentovirus" por cada clase, a interpretación da canción "Contágiame tu paz" e a realización dun contacontos en Infantil por parte dos alumnos e alumnas de 6º de Primaria.

25N DÍA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO.

No CEIP Plurilingüe Santa María reivindicámonos en contra da violencia de xénero. A continuación podedes observar as actividades realizadas para conmemorar o 25N, e facer fincapé na erradicación deste problema que vivimos na nosa sociedade.

DÍA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO.

O mércores 25 de novembro para celebrar o Día contra a violencia de xénero, os nenos e nenas da Fonsagrada presentan o conto "O abuso sutil". Esperamos que vos guste.

DÍA DA INFANCIA.

O día 20 de novembro celebramos no noso centro unha conmemoración moi especial para todos os alumnos e alumnas, o Día de Infancia. Nos seguintes vídeos aparecen as actividades realizadas para render homenaxe aos nenos e nenas de todo o mundo.

PHOTOCALL INFANTIL, 1º E 2º DE PRIMARIA.

A continuación presentamos un pequeno Photocall que realizaron os nenos e nenas de Infantil e 1º e 2º de Primaria aproveitando a celebración do Halloween.

SAMAÍN/HALLOWEEN 2020

Outro curso máis celebramos o Samaín/Halloween no noso cole. Felicitar aos nenos e nenas polo gran traballo que fixeron decorando o colexio para a ocasión e escribindo unha relatos de medo arrepiantes.

DÍA DA BIBLIOTECA

O 24 de outubro para conmemorar o Día da Biblioteca, os nosos alumnos e alumnas fixeron unha pequena viaxe polo mundo que podedes ver no seguinte vídeo.

DÍA INTERNACIONAL CONTRA O ACOSO ESCOLAR.

Para a conmemoración do Día Internacional contra o Acoso Escolar, presentamos estes dous vídeos, co obxectivo de concienciar sobre o risco do acoso escolar e o bullying nos nenos e xóvenes a nivel mundial.

DÍA DO LIBRO.

Aquí presentamos un resumo dos xeniales traballos que os nenos e nenas da Fonsagrada fixeron xunto as súas familias para o Día do Libro. Estamos seguros de que ler vos está axudando moito para afrontar da mellor maneira a situación actual. Moito ánimo e grazas pola vosa colaboración.

Distribuir contido