Proxecto Deportivo do Centro

Proxecto Deportivo do Centro

II FESTIVAL INTERNACIONAL DE BAILE NA FONSAGRADA!!!

E asi nos fomos de vacacións de Semana Santa...celebrando o II Festival Internacional de Baile.

No seguinte vídeo podedes ver, o ben que o pasamos...

LIGA INTERNA DE PREBÉISBOL

Esta semana rematamos a Liga Interna de Prebéisbol, levada a cabo durante os recreos entre os grupos de 3º, 4º, 5º e 6º de Primaria.

Como este curso estamos a desenvolver o Proxecto A volta ao Mundo, quixemos relacionar a Liga Interna co noso proxecto, e por iso os equipos participantes levaban o nome dos diferentes continentes.

A finalidade da Liga non era buscar un equipo campión, senón que se trataba de desenvolver unha actividade en grupo, co obxectivo de aprender a participar en xogos deportivos, respectando as normas e  aos compañeiros e compañeiras.

Tendo como base sempre, a diversión e o disfrute da actividade; ademais de promover entre o noso alumnado hábitos de vida saudables, como é a realización de exercicio físico .

No seguinte vídeo podedes ver un resumo da actividade e os equipos participantes.

II PARAOLIMPIADAS DA FONSAGRADA

O día 3 de decembro celebrouse o Día das Persoas con Discapacidade.

Por este motivo quixemos celebrar as II PARAOLIMPIADAS DA FONSAGRADA. 

E como queríamos relacionalo co Proxecto “A volta ao mundo“, que estamos a realizar este curso, formamos equipos cos nomes dos diferentes países veciños, dos países que estamos a traballar no Proxecto.

No seguinte vídeo podedes ver un resumo da actividade e dos diferentes deportes que practicamos: GOALBALL, SITTING-VOLEIBOL, BASKET EN SILLA, RONDO MÓBIL, CARREIRA DE RELEVOS.

Deste xeito, puidemos poñernos na pel das persoas que presentan algún tipo de discapacidade e comprobar o esforzo que para elas supón. 

Pasámolo xenial!!!

II Paraolimpiadas from CEIP Fonsagrada on Vimeo.

MAGOSTO 2018

O venres 16 de novembro, celebramos a Festa do Magosto!!! 

Comezamos a xornada con xogos populares; no ximnasio para os nenos e nenas de Infantil e no patio cuberto para os de Primaria.

Unha vez rematados, tivemos que repoñer forzas comendo unhas castañas.

E como non podía ser de outro xeito, unha boa festa ten que rematar botando uns bailes!! Grazas a Cris, a mestra de música que nos tocou unhas pezas coa gaita.

Pasámolo xenial!!!

No seguinte vídeo, podedes ver un resumo... 

Magosto 2018 from CEIP Fonsagrada on Vimeo.

DÍA EUROPEO DO DEPORTE ESCOLAR

Hoxe conmemórase o Día Europeo do Deporte Escolar.

Por este motivo, e relacionado co Proxecto da Volta ao Mundo que imos desenvolver este ano, nós quixemos celebrar a I Carreira Volta ao mundo.

Cada grupo representaba o país que vai traballar ao longo deste curso; portando nas súas camisetas, as bandeiras correspondentes.

No seguinte vídeo podedes ver un resumo da actividade e as fotos dos participantes que quedaron en 1º, 2º e 3º posto.

Aínda que gañadores somos todos, xa que do que se trataba, era de participar e disfrutar coa actividade en grupo.

I carreira volta ao mundo from CEIP Fonsagrada on Vimeo.

LIGAS INTERNAS 2018

Ó longo do terceiro trimestre disputáronse distintas Ligas Internas no período de recreo.

As modalidades escollidas foron Fútbol sen balón e Prebeisbol. Participaron todos os nenos e nenas de Primaria, onde os equipos estaban obrigados a ter membros de tódolos cursos.

Este ano houbo unha progresión na realización da actividade con respecto ao ano pasado, xa que foron os propios nenos os que autoxestionaron a organización das Ligas; o coodinador soamente cumpriu unha labor de control.

A pesar de que como en toda Liga sempre ten que haber un campión, tódolos nenos e nenas saíron gañadores, porque ademais de facer exercicio pasárono fenomenal!!!!!

Liga deportiva from CEIP Fonsagrada on Vimeo.

ANDAINA POLA LINGUA GALEGA

Como xa vos comentamos noutras ocasións o noso cole participa en varios Proxectas: Monte vivo, Coida aos animais e Proxecto deportivo de centro por este motivo, quixemos facer unha andaina polo monte levando algunhas mascotas e tamén contando coa participación dalgunhas familias.

Pasámolo xenial!!!!

Andaina polo monte from Maria on Vimeo.

XORNADA DE CONVIVENCIA

Como o noso cole participa no Proxecta Monte Vivo e Proxecto Deportivo de Centro, o martes 12 de xuño os alumnos e alumnas de 6º colaboramos nunha Xornada de Convivencia dentro do Proxecto A Reserva da Biosfera Río Eo, Oscos e Terras de Burón: punto de encuentro entre Asturias e Galicia.

Compartimos a xornada de convivencia con outros coles, como o de Trabada, A Pontenova, Ribadeo, Vegadeo, Taramundi, Figueras, Piantón, Castropol, Baleira e Santa Eulalia de Oscos.

Ademais Bruno recibiu un premio pola redacción do seu conto sobre a defensa do Medio Ambiente. 

Xornada de convivencia from CEIP Fonsagrada on Vimeo.

I FESTIVAL DE BAILE (1ª parte)

Para rematar o segundo trimestre decidimos gastar as últimas enerxías, preparando unhas coreografías!!

Celebramos o I Festival de baile, e tanto nenos/as coma mestres/as animámonos a participar.

Pasámolo xenial!!!!!

Nos seguintes vídeos podedes ver o resultado...

I Festival de baile (1ª parte) from Mariola on Vimeo.

I FESTIVAL DE BAILE (2ª parte)

A continuación, podedes ver a segunda parte do I Festival de baile...

IFestival de baile (2ª parte) from Maria on Vimeo.

Distribuir contido