Proxecto Deportivo do Centro

Proxecto Deportivo do Centro

VÍDEOS JUST DANCE NA FONSAGRADA.

Os seguintes vídeos son o resultado ao excelente traballo realizado por moita xente dentro da actividade do JUST DANCE. Noraboa e grazas a todos e todas pola vosa colaboración.

JUST DANCE NA FONSAGRADA.

A seguinte actividade proposta para área de Educación Física será a realización dun "JUST DANCE".

Despois de comprobar durante estes anos a excelente canteira de bailaríns que temos na Fonsagrada decidinme por esta actividade, na cal o alumnado pode facer actividade física e pasar un bo rato. Para súa realización necesitades unha tablet, ordenador portátil ou televisor para poder visualizar unha coroegrafía virtual. O obxectivo é imitar e seguir a secuencia de movementos dos "bailaríns virtuais".

A continuación aparecen dous vídeos:

1º- "BABY SHARK"- recomendado para os cursos de Infantil e 1º de Primaria.

2º- "I GOTTA FEELING - recomendado para os cursos de 2º a 6º de Primaria.

* A PESAR DE ESTAS RECOMENDACIÓNS, POR SUPOSTO QUE TÓDOLOS ALUMNOS E ALUMNAS PODEN FACER ÁMBALAS DÚAS COREOGRAFÍAS.

* PARA A REALIZACIÓN DAS COREOS, O IDEAL É FACELO POR PARELLAS COMO SE MOSTRA NOS VÍDEOS. NO CASO DE CONVIVIR VARIOS IRMÁNS OU IRMÁS NO MESMO FOGAR,  DEBERÍASE REALIZAR DE MANEIRA CONXUNTA. 

*ENRIQUECERÍA A ACTIVIDADE A PARTICIPACIÓN DOUTROS MEMBROS DA FAMILIA QUE SE ANIMEN A COLABORAR . 

*A DATA LÍMITE PARA A ENTREGA DOS VÍDEOS SERÁ O 31 DE MAIO.

Desexo que disfrutedes coa actividade.

CIRCUÍTO, XOGOS E RETOS.

No seguinte vídeo podedes atopar:                                                                    

-CIRCUÍTO DE COORDINACIÓN/AXILIDADE: está pensado para os nen@s de Infantil e 1º, pero tamén se pode adaptar para os máis maiores sen dificultade.  

-XOGOS EN FAMILIA: xogos lúdicos/recreativos para disfrutar en familia nos vosos fogares.  

- 5 RETOS: desafíos de coordinación motriz e superación persoal cun fin lúdico.     

         Estas actividades de EF na casa realizádeas cando desexedes e as máximas veces posibles, e estou seguro que moit@s de vós seredes capaces de superar os 5 retos. Ánimo.             

*** O 2º vídeo explica os exercicios de mobilidade articular previos a realización do circuíto.

SESIÓNS EF #DEFC2020

Aquí aparececen dúas sesións de EF para que realicedes na casa. A do primeiro vídeo, aínda que poña Primaria, está dirixida para nen@s desde Infantil ata 4º de Primaria. No segundo vídeo, a sesión de Secundaria, está perfectamente adaptada para nen@s de 4º, 5º e 6º de Primaria. Primeiro visualizadea porque necesitades algo de material que seguro que tedes nos vosos fogares. Disfrutadeas as veces que queirades. #DEFC2020.

DÍA DA EDUCACIÓN FÍSICA NA CASA. #DEFC2020.

Mañá 28 de abril, celébrase o Día Escolar da Educación Física na Casa. Esta iniciativa xorde como continuación ao Día Escolar da EF na Rúa, que este ano non podemos realizar debido a situación de confinamento.

Neste proxecto participan un gran número de centros educativos españois, e por suposto na Fonsagrada non iamos quedarnos atrás. O vídeo que aparece a continuación é froito da colaboración e implicación de moitas persoas. Grazas a todas elas.

Por último, desde o COLEF preparararon unha sesión especial de Educación Física para cada etapa (Primaria, Secundaria e Bacharelato), que estarán conducidas por docentes que farán un percorrido por varios contidos curriculares, de forma dinámica e lúdica, ás que se poida sumar toda a familia. A sesión de Primaria comezará as 10:00 en directo na seguinte ligazón (despois quedará colgada na canle de youtube para poder realizala noutra ocasión):

https://www.youtube.com/channel/UCZywQSMMuIoU_IuvTsjDjEA?view_as=subscriber

Animarvos!

ENTROIDO 2020.

O día 21 de febreiro celebramos o Entroido no noso centro. Como cada ano, fixemos un desfile polo pobo para ensinar os nosos disfraces aos nosos veciños e veciñas fonsagradinas. Posteriormente tódolos nenos e nenas representaron unha coreografía na Praza da Igrexa. Agradecer a implicación das familias neste día.

Actividade física na casa. Traballo de mantemento.

Como actividade complementaria a realización das coreografías, elaborei un vídeo no que se describe a realización dunha batería de exercicios, para que os nenas e nenas dispoñan doutra ferramenta para realizar actvidade física nos seus fogares. No primeiro vídeo tamén aclaro que de momento non hai coreografías asignadas por curso. Espero que lles guste e o aproveiten

Batería de exercicios mañá e tarde ( 2 series con 2' de descanso entre cada unha):

10 x skipping,10 x talóns, 10 x jumpin jacks, 10 x saltos nas puntas dos pés, 8 x saltos en cruz, 10 x rotación de cadeira, 10 x xeonllos con brazos, 10 x sentadillas, 5 x baixar a prancha e subir, 10 x planchas, 30´´ abdominais isométricos, 10+10 x xiros con balón arredor da cintura, 10x xiros rusos con balón e 10 x abdominais brazo-pés con balón.

COREOGRAFÍAS FESTIVAL DE BAILE

O vindeiro 3 de abril estaba prevista a celebración do III Festival de Baile da Fonsagrada. A causa da situación que estamos vivindo, o Festival terase que aprazar, pero os ensaios poderanse realizar con normalidade. A continuación poñemos a vosa disposición unha batería de coreos de complexidade diversa, para que @s nen@s teñan un incentivo para realizar actividade física nos seus fogares. Agradeceriamos a implicación e participación de pais e nais nesta actividade, xa que a nosa intención é que participedes de forma activa no Festival realizando unha coreografía. Grazas pola colaboración.

INFANTIL

PRIMARIA

Ruta en bicicleta e Andaina pola Fonsagrada no Día Europeo do Deporte Escolar.

Para conmemorar o Día Europeo do Deporte Escolar, o profesorado e alumnado do noso Centro realizou unha Ruta en bicicleta e unha Andaina polas rúas e sendeiros da nosa vila.

A pesar de que a meteoroloxía non nos acompañou, os nenos e nenas puxeron todo da súa parte para acabar sendas rutas.

LIGA INTERNA FÚTBOL SEN BALÓN

Os alumnos e alumnas de 1º, 2º e 3º de primaria participaron nunha actividade que lles atrae moito e que levan practicando dous anos, o fútbol sen balón.

No seguinte vídeo, podedes ver un resumo da actividade; ademais da entrega de premios tanto da Liga de Prebeisbol como da Liga de Fútbol sen balón.

Distribuir contido