Actividades de dinamización da Biblioteca

Actividades de dinamización da Biblioteca

DÍA DA PAZ

O 30 de xaneiro celebramos no noso cole o Día da Paz.

Para elo acudimos todos a biblioteca a ver un vídeo da canción Where is the love?, traducida ao galego, que se grabara previamente cos nenos/as (o vídeo podédelo ver na entrada anterior).

A continuación, os alumnos e alumnas de 6º  leron unha serie de frases relacionadas coa Paz, ditas por personaxes célebres como: Mahatma Gandhi, Madre Teresa de Calcuta, Rigoberta Menchú, Nelson Mandela e Martin Luther King, entre outros.

Despois cantamos todos xuntos a canción de Macaco, "Marea de gente".

E para finalizar, elaboramos un mural onde plasmamos as nosas mans simbolizando gotas, dado que a canción dí que "gota sobre gota somos olas que hacen mares"...

Esperamos que vos guste!!

Día da Paz from Mariola on Vimeo.

CONTACONTOS EN FAMILIA!!!

Hoxe tivemos un contacontos en familia para os nenos e nenas de Infantil!! Os papás de Sofia e Irene viñeron a contarnos uns contiños: A Cebra Camila e os Chivos Chivóns. Encantáronnos!!

Moitas grazas, Teresa e Enrique, pola vosa colaboración!!

Untitled from ceip santa maria on Vimeo.

HOXE VISITOUNOS VILMA, A BIBLIOTECARIA DO CEBREIRO!!!

Hoxe tivemos sesión de contacontos; visitounos Vilma, a bibliotecaria do Cebreiro; un dos personaxes do Caderno de Sophie.Contounos dous contos chulísimos: A partes iguais e Viches o león?, da editorial OQO.

Pasámolo xenial!!!. Moitas grazas Vilma!!!

Untitled from ceip santa maria on Vimeo.

CELEBRAMOS O DÍA DA CONSTITUCIÓN!!

O día 6 de decembro celebramos o Día da Constitución. Fixemos un mural onde os nenos e nenas estamparon as súas mans e escribiron algúns dos dereitos recollidos na Constitución de 1978.

Tamén poidemos disfrutar dunha obra de teatro representada polos alumnos e alumnas de 5º. Gustounos moito!!!

Untitled from ceip santa maria on Vimeo.

FIXEMOS UN CONCURSO PARA ELIXIR NOVA MASCOTA PARA A BIBLIOTECA!!!

Fixemos un concurso para elexir nova mascota para a biblioteca. Os nenos e nenas elaboraron os seus debuxos. Aqui podedes ver unha selección deles e o que resultou o debuxo gañador: O LABÚHO!!

 

Untitled from Mariola on Vimeo.

DÍA DA BIBLIOTECA

00/00/
Array

Hoxe celebramos o día da biblioteca con diferentes actividades:

Nas aulas os nenos/as elaboraron un marcapáxinas con diferentes formas, tamaños e materiais e tamén fixeron un marcalibros coa mascota da biblioteca, Librita, e co nome de cada alumno/a para despois colocar na biblioteca no lugar onde estaba o libro que levan prestado.

Na biblioteca varias alumnas de 5º fixeron de contacontos para os nenos/as de infantil e do primeiro ciclo de primaria. 

Ademais, cada aula pasou pola biblioteca unha hora e disfrutou con xogos e lendo libros, revistas, cómics, xornais...

DÍA DO LIBRO

00/00/
Array

Para celebrar o Día do Libro, varios alumnos de sexto contáronlles na biblioteca do centro contos aos nenos e nenas de infantil e do primeiro ciclo.

 

Día do libro on PhotoPeach

Distribuir contido