Proxecto Deportivo do Centro

Proxecto Deportivo do Centro

1ª SAN SILVESTRIÑA ESCOLAR

O Deporte e o Nadal van da man ao rematar este primeiro trimestre coa celebración da 1ª San Silvestriña Escolar. Esta carreira navideña, realizada polos arredores da vila, tivo lugar o 21 de decembro co obxectivo de continuar a promover o deporte e os hábitos de vida saudables. Participou todo o alumnado do centro con motivos navideños propios da época, demostrando ,unha vez máis, que o deporte é vida :).

Remataron a saída cunha visita sorpresa!!. Aquí vos deixamos unha pequena mostra desta divertida xornada deportiva:).

PARAOLIMPIADAS 2021

Un ano máis, e co gallo do Día Internacional das Persoas con Discapacidade, concienciamos sobre a importancia de valorar a diversidade de capacidades motrices existentes a través da celebración das Paraolimpiadas:).

Dun xeito lúdico o alumnado puido poñerse na pel de persoas que padecen diferentes discapacidades motrices  e empatizar coa súa realidade a través dos seguintes deportes adaptados: Sitting Voleibol, Basket en silla, Fútbol Indio, Goalball, carreira de relevos e o Rondo Móbil.

A experiencia foi todo un éxito e, ademáis de divertirse, visibilizouse unha realidade que as persoas con diversidade funcional nos ensinan a diario co seu exemplo: QUERER É PODER!.

Queremos agaradecer especialmente ás Residencias de Persoas Maiores da Fonsagrada, así como ao Centro de Saúde da vila , a súa colaboración e  óptima disposición na cesión de material ortopédico.

MOITAS GRACIAS pola colaboración!!!

Aquí vos deixamos unha pequena mostra das PARAOLIMPIADAS:).

Valorando o TRABALLO EN EQUIPO

 Trala realización do I SAMAÍN DEPORTIVO, valoramos o exitoso traballo en equipo realizado polo alumnado dos diferentes cursos, o cal resultou imprescindible para a superación dos divertidos retos deportivos.

Cada equipo foi obsequiado cun diploma de recoñecemento á Cooperación deportiva escolar.

Aquí vos deixamos unha pequena mostra.

Viva a cooperación no deporte!!.:)

I SAMAÍN DEPORTIVO

Este ano celebramos o primeiro Samaín Deportivo no colexio, cargado de actividades a prol do deporte e de diferentes retos cooperativos a superar por cursos co fin de fomentar o traballo en equipo do alumnado. Así de ben o pasamos!!!. Deixámosvos unha pequena mostra :).

DÍA DO MEDIO AMBIENTE. ACTIVIDADE DE SENDERISMO E ESCALADA.

  Con motivo da conmemoración do Día Mundial do Medio Ambiente, os nenos e nenas de 4º, 5º e 6º de Primaria gozaron dunha xornada de actividades na natureza nun marco excepcional, a área recreativa da Fontaneira. As modalidades practicadas foron o senderismo e a escalada. No seguinte vídeo resumo podedes comprobar as vivencias experimentadas polos nenos e nenas durante toda a xornada.

DÍA MUNDIAL DA SAÚDE. RUTA EN BICI E ANDAINA.

Que mellor maneira para conmemorar o Día mundial da saúde que realizando actividade física polos magníficas paisaxes que temos a sorte de ter na Fonsagrada. Nen@s e profes repartímonos para a realización dunha ruta en bicicleta e dunha andaina que podedes ver no vídeo que se presenta a continuación.

III FESTIVAL DE BAILE DA FONSAGRADA.

Despois do aprazamento motivado pola pandemia no curso anterior, por fin puidemos celebrar o III Festival de Baile da Fonsagrada. Cada ano que pasa, os nenos e nenas non nos deixan de abraiar cos seus avances no mundo do baile. No seguinte vídeo podedes comprobalo.

RUTA EN BICI/ANDAINA POLA FONSA.

Dentro do programa PDC (Proxecto Deportivo do Centro), realizamos unha Ruta en bici e unha Andaina polo noso Concello. A verdade é que somos unhos privilexiados de contar con estes camiños e paisaxes para disfrutar deste tipo de actividades, que teñen como obxectivo fomentar a vida activa e a actividade física saudable. A continuación podedes ver o vídeo resumo de dita actividade.

DÍA DA INFANCIA.

O día 20 de novembro celebramos no noso centro unha conmemoración moi especial para todos os alumnos e alumnas, o Día de Infancia. Nos seguintes vídeos aparecen as actividades realizadas para render homenaxe aos nenos e nenas de todo o mundo.

Distribuir contido