Aliméntate ben:Froita e Lácteos.

OBRADOIRO: AVENTURAS NO MAR

A semana pasada tivemos, no noso cole, un Obradoiro de Aventuras no mar.

Con este obradoiro puidemos coñecer as diferentes propiedades dos peixes, os beneficios que nos aportan para a nosa saúde.

Tamén puidemos aprender como é o traballo das mariscadoras, dos mariñeiros e dos pescadores. Ata nos ensinaron como é funcionamento da lonxa.

COCIÑAMOS UN POSTRE EXIPCIO!!

A semana pasada, os nenos e nenas de 1º e 2º de Primaria cociñamos un postre exipcio.

Como no noso grupo estamos a traballar Exipto, dentro do Proxecto A Volta ao Mundo, decidimos cociñar un dos seus postres principais a Baklava.

No seguinte vídeo podedes ver como o preparamos... 

CHARLA SOBRE HIXIENE ALIMENTARIA

O venres visitounos na Biblioteca, Patricia Palacios, Licenciada en Veterinaria.

Veunos a dar unha charla sobre Hixiene Alimentaria.

Aprendemos moitas cousas con ela, deunos milleiros de consellos que debemos poñer en práctica; xa que son moi beneficiosos para a nosa saúde.

MOITAS GRAZAS PATRICIA!!!

ALIMÉNTATE BEN!! PONLLE AS PILAS AO TEU BOCATA!!

No noso cole participamos no Proxecta Aliméntate ben.

Hoxe tivemos a actividade de Ponlle as pilas ao teu bocata; na que puidemos aprender que os bocatas se poden facer de atún, sardiñas, millo, aceitunas, tomate. leituga etc...

ESTABAN RIQUÍSIMOS!!!!  

PONLLE AS PILAS AO TEU BOCATA!!

Hoxe no cole levamos a cabo unha actividade dentro do Proxecta Aliméntate ben.

Chámase Ponlle as pilas ao teu bocata!!

E como o seu nome indica, aprendemos a facer bocatas con produtos sans e variados: tomate, leituga, atún, queixo, sardiñas, millo, aceitunas etc...

Cada un de nós puidemos pedir o bocata que máis nos apetecía, mesturando diversos ingredientes.

E podémosvos dicir que estaban boiiiisimos!!!!!

Ponlle as pilas ao teu bocata from Maria on Vimeo.

COOKING AROUND THE WORLD (1ª parte)

Como xa sabedes o noso centro participa no Proxecta Alimentate ben.

A semana pasada levamos a cabo unha actividade dentro deste proxecto e en coordinación coa área de Inglés.

Cada grupo preparou unha comida típica dun país; así tivemos comidas de México, Francia, Italia, Suiza...

Deste xeito, traballamos a alimentación saudable ao mesmo tempo que coñecemos diferentes culturas, costumes, tradicións de outros países.

Temos uns auténticos Chefs neste colexio!!!

Cooking around the world (1ª parte) from Maria on Vimeo.

Master Chef Junior: apple crumble

Indagando un pouco na cultura británica, os nosos nenos e nenas de 5º e 6º de Primaria tiveron curiosidade por saber que é aquilo que os veciños anglosaxóns toman na sobremesa. 

Deste xeito, e poñenedo un bocadiño de tensión por comparar os resultados, todos e todas tiveron que seguir as instruccións da receta ata chegar ao seu Apple Crumble. 

Aqui vos deixamos unha mostra de todo o que traballaron. Que ben ulía nos corredores...

 

Master Chef Junior: apple crumble from Maria on Vimeo.

Master Chef Junior: Lollipop

Os nenos e nenas de 3º e 4º quixeron sorprender nas casas cun doce feito por eles mesmos. Así, elaboraron unhas piruletas, ou Lollipops seguindo instruccións en inglés. Fixérono con moito agarimo e pensando nos gustos de todos aqueles que teñen nos seus fogares. Por iso, saíron produtos moi diferentes e diversos!!! 

De todos xeitos, como somos moi lambóns, dubido que todos chegasen enteiros á casa, e déixovos unha mostra do que andiveron a facer, que por si non os probastes, polo menos saber que a intención tivérona!

Master Chef Junior: chocolate lollipop from Maria on Vimeo.

Master Chef Junior: Birthday Cake

O alumnado de E. Infantil estivo a comprobar o doado que pode resultar para eles e elas encher o padal de doce cunha pouquiña de axuda e supervisión!

Deste xeito todos e todas estiveron a elaborar unhas tartas de chocolate que dende agora poderán facer case soíños, pero só moi de vez en cando, pois lembramos que non debemos abusar moito deste alimento...en ocasions contadas como os aniversarios, xa temos opción de elaboración propia!

 

Master Chef Junior: birthday cake from Maria on Vimeo.

Distribuir contido