Skip to Content

Curso 2011/2012

IV SEMANA CULTURAL: "A NOSA RÍA, O NOSO MAR"

Co fin de consolidar unha proposta anual consistente na programación dunha "Semana" adicada a algún aspecto relevante da cultura galega e, en especial, do patrimonio cultural do noso Concello, programamos a IV Semana Cultural, adicada este ano ao Mar.

Pretendemos relacionar a actividade empresarial desenvolvida por Valentín Paz Andrade, persoeiro ao que se lle adican este ano as Letras Galegas, co ámbito económico máis importante do noso Concello: o mar e os oficios e as empresas que del se derivan.

CONFERENCIA "PRÉSTAMOS LINGÜÍSTICOS"

Desde o Equipo de Normalización Lingüística estase levando a cabo un proxecto sobre os Préstamos lingüísticos que a nosa lingua adquireu doutras faladas en Europa. Sobre esta temática e sobre a orixe e a evolución do galego falounos a licenciada en Filoloxía Galega, Carolina Pérez.

No desenvolvemento deste Proxecto está implicado todo o alumnado e o profesorado do Centro.

CAMPAMENTOS DE INMERSIÓN LINGÜÍSTICA-OUTONO 2011

En maio do curso pasado, Maryem, a mestra de Inglés, elaborou un proxecto para poder participar nos Campamentos de Inmersión Lingüística que convoca o Ministerio de Educación.

En agosto, no Colexio, recibiuse a comunicación de que o Proxecto fora seleccionado -hurraaaaa!!!!!!!!!!!!!!!-, e que ao noso Centro lle correspondía unha semana de estancia en Celorio -Asturias-, do 20 ao 26 de novembro.

Almorzos saudables

 

Durante a semana do 4 ao 7 de outubro leváronse a cabo os Almorzos saudables. Participou todo o alumnado, dende os máis pequerrechos -de 3 anos- ata os máis grandes -de 6º de Primaria-.

Antes do almorzo propiamente dito, todos visualizamos unha presentación en Power Point na que se recollían os alimentos que entran nunha dieta saudable, a importancia de facer un almorzo completo e valoramos o almorzo que vimos facendo cada quen, cada día.

Distribuir contido


  

by Dr. Radut