Skip to Content

CURSO 2023/2024

CURSO 2023/2024

APERTURA DO PRAZO PARA SOLICITAR AS AXUDAS DE LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR. CURSO 24-25

A Consellería de Cultura e Educación ven de anunciar a apertura do prazo para solicitar as axudas de libros de texto e material escolar

NOVOS SERVIZOS DA ASOCIACIÓN AMICOS (RIBEIRA)

A asociación Amicos, no seu centro de Oleiros (Ribeira), oferta novos servizos de atención clínica e atención educativa a través da unidade de atención temperá e especializada para alumnado de 0 a 21 de anos de idade.

Para máis información, podedes poñervos en contacto co centro a través dos teléfonos: 981 86 55 90/ 646 48 88 13

XVI SEMANA CULTURAL E LETRAS GALEGAS. CURSO ESCOLAR 2023/2024

Un ano mais celebraremos a Semana cultural (edición número 16) na semana do 13 de maio.

CALENDARIO ESCOLAR 24-25

A Consellería de Educación ven de publicar no DOGA a orde do calendario escolar para o vindeiro curso escolar 2024-2025.

Adxuntamos o documento.

No seguinte enlace tendes a foto do calendario.

CALENDARIO

 

 

 

ACTIVIDADE ESPAZO FAMILIAS. SÁBADO 27 DE ABRIL

O sábado 27 de abril ás 11:30h. no centro social de Boiro, nova actividade do Espazofamilias.

Unha actividade moi interesante á que convidamos a toda a comunidade educativa do centro a asistir.

ESTUDIO CLÍNICO DA MIOPIA. UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

A Universidade de Santiago de Compostela leva a cabo un estudo clínico para deter a miopía en nenas e nenos.

Se tes entre 7 e 14 anos e es miope polo menos de -0,75D, se queres intentar deter o desenvolvemento da túa miopía, participa neste estudo clínico no que se estudan diferentes estratexias con fármacos e lentes de contacto.

AVALIACIÓNS DE DIAGNÓSTICO. 4º DE PRIMARIA.

O próximo 10 e 11 de abril terán lugar as avaliacións de diagnóstico para o alumnado de 4º de Educación Primaria. Unha avaliación do sistema educativo dentro do marco de aplicación da LOMLOE.

Será unha avaliación anónima e confidencial que non terá efectos académicos no expediente do alumnado. 

As competencias avaliadas serán: competencia matemática e lingüística (lingua galega, lingua castelá e inglés).

Distribuir contido


  

by Dr. Radut