Skip to Content

AVALIACIÓNS DE DIAGNÓSTICO. 4º DE PRIMARIA.

O próximo 10 e 11 de abril terán lugar as avaliacións de diagnóstico para o alumnado de 4º de Educación Primaria. Unha avaliación do sistema educativo dentro do marco de aplicación da LOMLOE.

Será unha avaliación anónima e confidencial que non terá efectos académicos no expediente do alumnado. 

As competencias avaliadas serán: competencia matemática e lingüística (lingua galega, lingua castelá e inglés).

Haberá adaptacións para o alumnado con necesidades de apoio educativo.

Se queres mais información pincha no seguinte enlace:

https://www.edu.xunta.gal/portal/node/35966

Adxuntamos información para as familias sobre o proceso.

Cando se acerque a data, mandaremos un abalar informativo.

Un saúdo.

 

AdxuntoTamaño
ad_2324_escrito_familias_dxoie_n.pdf131.28 KB
ad2324_faq_n.pdf1.55 MB


  

story | by Dr. Radut