Skip to Content

Novas

ACTIVIDADE ESPAZO FAMILIAS

 

Clicando na imaxe superior podedes saber máis da nova actividade do Espazofamilias de Boiro. Animádevos a participar!!

PRAZOS DE SOLICITUDE DE RESERVA, ADMISIÓN E FORMALIZACIÓN DE MATRÍCULA 2023-2024

Este ano, 2023, os prazos de reserva e matrícula modifícanse un pouco con respecto doutros anos.

HORARIO DE REUNIÓNS INICIAIS

A vindeira semana haberá reunión coas familias co equipo directivo e o equipo docente. Será no seguinte horario:

Luns 5 ás 11:30 para as familias de infantil

Martes 6 ás 11:30 para as familias de primaria

Lugar: biblioteca do cole

FEIRA MEDIEVAL

Debido a inestabilidade do tempo, tomamos a decisión de suspender a feira medieval que estaba previsto realizar esta semana. Acordamos deixar esta celebración para a Semana Cultural, entre o 9 e o 16 de maio. Para daquela, confiamos en que pare de chover.

En calquera caso, este venres celebraremos o Entroido bailando a ritmo de karaoke e tomando o chocolate ao que nos invita a ANPA e os produtos típicos desta época.

Esperamos que todos os que poidan nos acompañen nesta festa escolar.

"A verdadeira historia de Carapuchiña Vermella"

 

O luns 30 de maio o grupo de teatro da APA Loureda representou no colexio a obra "A verdadera historia de Carapuchiña Vermella"; dirixida por Marta Ríos e representada polo alumnado de diferentes idades.

Botamos unhas risas co lobo, coa avoa, cos cazadores, con Carapuchiña, coa nai e coas narradoras.

Distribuir contido


  

by Dr. Radut