Skip to Content

PRAZOS DE SOLICITUDE DE RESERVA, ADMISIÓN E FORMALIZACIÓN DE MATRÍCULA 2023-2024

Este ano, 2023, os prazos de reserva e matrícula modifícanse un pouco con respecto doutros anos.

Prazo de Reserva: O prazo de reserva de matrícula (que afecta ao alumnado que vai dun centro adscrito a outro, como é o caso do alumnado de 6º de primaria que quere reservar praza no IES Plurilingüe de A Cachada) será dende o día 16 de xaneiro ate o 6 de febreiro.

Prazo de Admisión de novo alumnado: Dirixido ás novas incorporacións ao centro (ben porque non pertenzan a ningún centro adscrito -como é o alumnado de A Galiña Azul ou os de 6º de primaria que van a un instituto distinto de A Cachada- ou ben porque sexan nenos aínda sen escolarizar). O prazo de Solicitude de Admisión será dende o 1 de marzo ata o 20 dese mesmo mes. E podedes empregar o documento ED550B que se adxunta (dispoñible en canto a Consellería o publique) ou a través do procedemento ED550B da Sede Electrónica.

Prazo de Formalización de Matrícula: Destinado a confirmar (e rematar de entregar documentación, de ser o caso) a formalización da matrícula no centro. Coma en anos anteriores será no mes de xuño.

Enlace á orde que regula o proceso

 

POSTOS ESCOLARES OFERTADOS

4º DE EDUCACIÓN INFANTIL

25

5º DE EDUCACIÓN INFANTIL

9

6º DE EDUCACIÓN INFANTIL

10

1º DE EDUCACIÓN PRIMARIA

10

2º DE EDUCACIÓN PRIMARIA

10

3º DE EDUCACIÓN PRIMARIA

11

4º DE EDUCACIÓN PRIMARIA

16

5º DE EDUCACIÓN PRIMARIA

8

6º DE EDUCACIÓN PRIMARIA

8

 

AdxuntoTamaño
Anexos ED550B en galego.pdf1.38 MB
Anexos ED550B en castelán.pdf1.38 MB
Manual de matriculación para Familias.pdf1.15 MB


  

page | by Dr. Radut