Skip to Content

Curso 2010/2011

Semana Cultural 2011

 

Podedes ver na Galería as fotos das diferentes actividades que se levaron a cabo durante a Semana Cultural:

 

3ª SEMANA CULTURAL

 

Dende o día 9 ao 13 de maio celebramos no colexio a 3ª edición da Semana Cultural.

Este ano xira en torno ao Clube de Remo de Cabo de Cruz e a este deporte en xeral.

Adxuntamos un PDF coa programación.

Mar guerra ou xogar coas palabras

 

          A visita da escritora e xornalista  Mar Guerra encheu de alegría e expresividade  a biblioteca do Centro, onde a estabamos esperando.


Fotos "Feira Medieval"

 

Hai màis fotos da Feira Medieval na Galería... Fotos "espectaculares" cedidas por Miguel Ángel Triñanes, pai de Ángel, alumno de Infantil.

Merece a pena velas, trasportannos a outra época.

Feira Medieval

 

En setembro, o profesorado do Centro decidiu que este ano o Entroido ía estar adicado á época medieval. Os máis pequeniños ían estudar os castelos, algúns maiores ían estudar a Idade Media; en definitiva, todos podíamos aprender moitas cousas con ese proxecto. Foron xurdindo ideas e a de levar a cabo unha Feira Medieval foi aplaudida polo conxunto do profesorado. Só había que darlle forma e enchela de contido. Isto custou varias xuntanzas e non poucas discusións.

 

Entroido 2011

 

O pasado venres 4 de marzo celebrouse no colexio o entroido. Este ano o recinto escolar convertiuse nun mercado medieval. Podedes ver fotos do envento e dos preparativos na Galería.

MIL GRÚAS POLA PAZ

 

          Os nenos e nenas do colexio celebraron o Día da Paz recordando a historia da nena xaponesa Sadako Sasaki, morta polos efectos da bomba nuclear sobre Hiroshima.

          Os mestres quixeron transmitirlle ao alumnado o valoroso espíritu co que esta nena afrontou a súa enfermidade.

Distribuir contido


  

by Dr. Radut