Skip to Content

Curso 2009/2010

FESTIVAL NADAL

 

Como cada ano, en decembro levouse a cabo o Festival de Nadal, no que as alumnas e alumnos fixeronnos pasar momentos agradables. Houbo de todo: panxoliñas, música, baile galego, pandeiretada, poesía...

Ao rematar o festival a asociación de nais e pais ofreceu a todos os presentes chocolate con rosca.

Por fin chega o MAGOSTO

A pesar do temporal, o venres 13 de novembro celebramos o Magosto no colexio. Tódolos membros da comunidade educativa participaron dalgunha forma.

Celebramos o Samaín

O venres 30 as alumnas e os alumnos do colexio trouxeron cabazas decoradas na casa coa axuda da súa familia. Despois do recreo, o alumnado foi  colocando as cabazas polo patio do centro. E os alumnos de 6º decoraron a entrada.

 

Ao atardecer Xaquín e Pepita encenderon  as cabazas que alumearon o recinto toda a noite.

Distribuir contido


  

by Dr. Radut