Actividades
SAMAGOSTEEN 2016
Enviado por Anónimo o Xov, 03/02/2017 - 17:06Celebramos de forma conxunta as festas tradicionais do outono, agrupándoas baixo o epígrafe xeral de Samagosteen. Este equipo colaborou na programación de actividades e no aporte de material e documentación para o coñecemento e profundización destas festas populares.
Incluíronse nesta celebración lecturas propias da época, ademais dunha xornada de xogos populares.
EQUIPO DE DINAMIZACIÓN DA LINGUA GALEGA 2016-2017
Enviado por Anónimo o Xov, 03/02/2017 - 16:58O EDNL do noso colexio para o presente curso está formado por:
Montserrat Alén Álvarez, representante de E. Infantil
María Sara Ferreiro Franco, representante de 2º curso
Ana María García Fernández, representante de 3º curso
Belén Méndez Rodríguez, representante de 6º curso
Mª Nieves Cabaleiro Pellón, mestra de PT e coordinadora do Equipo
Mª Teba López-Leitón Zapico, mestra de Lingua Estranxeira (Inglés)
Para ver as actividades realizadas en cursos anteriores, deberase ir ao apartado de Celebracións e conmemoracións.
SAÍDA ÁS FRAGAS DO EUME
Enviado por Anónimo o Xov, 06/16/2011 - 17:40O martes, 14 de xuño, todos os alumnos de primaria, acompañados polos seus mestres, achegáronse ata o concello da Capela.
As actividades comezaron cunha visita guiada ao Museo Etnográfico, para posteriormente baixar ao mosteiro de Caaveiro adentrándose nas fragas pola ruta do Pazo.
Despois de repoñer forzas, o regreso acometeuse pola ruta da Ventureira, podendo desfrutar dos magníficos exemplares de especies arbóreas que alí hai.
Algunhas imaxes desta saída están aquí.
TIPOLOXÍA DE LETRAS GALEGAS
Enviado por Anónimo o Mér, 03/23/2011 - 17:45Desde fai anos, a Real Academia Galega recomendou que, en determinados traballos escritos, se empregara un tipo especial de letra á cal denominou Gallaecia.
Para poder usala, podes vela e descargala neste enlace.
AS FRAGAS
Enviado por Anónimo o Mér, 03/16/2011 - 18:22Traballo elaborado polo EDLG sobre AS FRAGAS, para consulta do alumnado e do profesorado. Para velo, preme aquí.
DÍA INTERNACIONAL DA LINGUA MATERNA
Enviado por Anónimo o Mér, 02/23/2011 - 17:43Impulsado pola UNESCO, cada 21 de febreiro celébrase o Día Internacional da Lingua Materna.
Con diversos actos inténtase poñer en valor estas linguas, especialmente as minoritarias.
Para ter máis información, podes consultar este enlace.
http://www.xunta.es/linguagalega/dia_internacional_da_lingua_materna_2011
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4