VOLTA AO COLE

Pasado o verán, informamos que o vindeiro xoves día 8 de setembro volverá a actividade lectiva. Comezando o curso 22/23.

Debemos ter en conta que, agora volvemos ao horario e organización de entradas e saídas anteriores á pandemia. Polo que o horario do centro será de 9:00 a 14:00 horas, entrando e saíndo todo o alumnado pola porta principal, (cancela do patio). 

Recollida de vales da aplicación fondo libros

Recordamos ás familias que non pasaron en xullo a recoller os vales de material e fondo libros, poden facelo os días 5 e 6 de setembro en horario de 10:00 a 13:00 horas.

Recollida de vales Fondo Libros para o curso 2022-2023

Recordamos que as familias que non pasaron polo centro a recoller os vales para a axuda de adquisición de libros e de material. Volverá abrirse o prazo para a recollida nos primeiros días do mes de setembro. 

Publicación de listaxes provisionais de admitidos e excluídos no fondo de libros para o curso 22/23

Informamos que xa están publicadas no taboleiro do centro as listaxes provisionais de admitidos e exluídos no fondo solidario de libros de texto para o curso escolar 2022/23.

Prazos:

  • Período de reclamacións á adxudicación provisonal: 30 de xuño e 1 de xullo de 2022.
  • Publicación da resolución definitiva no taboleiro do centro: 4 de xullo de 2022.
  • Entrega dos vales de libros e material aos solicitantes que teñen dereito: 5, 6 e 7 de xullo en horario de 10:00 a 13:00 horas.
  • Primeiros días de setembro: Entrega dos libros asignados ao alumnado.

 

LIBROS E MATERIAL ESCOLAR PARA O CURSO 22/23

Pincha aquí para ver o listado de libros e material para o curso 2022/2023

Formalización da matrícula para o curso 2022 2023

Recordamos que o prazo para a formalizaicón da matrícula do curso 2022 - 2023 vai desde o 20 ao 30 de xuño de 2022. Para poder formalizar a matrícula, a documentación necesaria será:

  • Anexo III Debidamente cuberto e asinado.
  • 4 fotos tamaño carné (nome e apelidos por detrás)
  • Fotocopia da cartilla de vacinas.
  • Certificado de empadroamento da unidade familiar.
  • Fotocopia da tarxeta sanitaria.
  • Certificado de alerxias ou intolerancias (de ser o caso).

 

AXUDAS PARA ADQUIRIR LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR

No DOG do día 18 de maio de 2022 publícase a Orde do 29 de abril de 2022 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2022/23.   

 

BENEFICIARIOS                                                                                                                                   

Familias con alumnado matriculado en centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia sostidos con fondos públicos nas seguintes modalidades:

a) Axudas para adquirir libros de texto destinadas ao alumnado matriculado en 1º e 2º de educación primaria e en educación especial, así como as axudas que pode recibir o alumnado incluído na disposición adicional primeira da orde.                                                                                                     

b) Axudas para material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, ESO e EE.                                                                            

c) Fondo solidario de libros de texto do alumnado matriculado en 3º e 4º de educación primaria.

d) Alumnado de 5º e 6º de educación primaria, unicamente vale de material escolar. (Utilizarán libros dixitais e ordenador portátil dentro do Proxecto Edixgal).                                                                                                        

 

PRAZO DE SOLICITUDE

Comeza o 19 de maio e remata o 22 de xuño

 

PRESENTACIÓN DAS SOLICITUDES

Preferentemente farase por vía telemática. Enlace á aplicación Fondolibros.

De xeito presencial na Secretaría do centro en horario de 10:00 a 14:00.

SOLICITUDE PARA DESCARGAR    

 

Documentación a presentar 

  • Anexo I (deberá vir asidando polos dous proxenitores)
  • Anexo II para comprobación dos membros computables da unidade familiar, agás a persoa solicitante.
  • Copia do libro de familia, onde figuren os membros computables da unidade familiar.
  • En caso de separación ou divorcio, achegar a sentenza xudicial ou convenio regulador onde conste a atribución do/a menor.

ADMISIÓN ALUMNADO PARA O CURSO 2022/2023

Informamos que a listaxe definitiva de alumnado admitido no proceso de admisión para o vindeiro curso 2022/2023 está publicada no taboleiro do centro. 

Recordamos que tamén se pode consultar a través da aplicación admisiónalumnado.

Recordamos que todas as solicitudes presentadas foron admitidas.

Admisión alumnado para o curso 2022/2023

Informamos que a listaxe provisional de alumnado admitido no proceso de admisión para o vindeiro curso 2022/2023 está publicada no taboleiro do centro. 

Recordamos que tamén se pode consultar a través da aplicación admisiónalumnado.

Todas as solicitudes presentadas foron admitidas.

 

O CEIP Plurilingüe Santa María

Con agarimo e ilusión facémosvos chegar este vídeo promocional elaborado pola ANPA, para que coñezades mellor o noso cole.

Distribuir contido