SOTAVENTO, QUE BEN O PASAMOS!

Estos días, tivemos a sorte de ter connosco tres monitores do parque eólico Sotavento que ensinaron ao alumnado de Infantil e Primaria, unha gran cantidade de cousas relacionadas co Proxecto de Ciencia no que estamos a traballar neste curso. 

23 DE ABRIL, DÍA DO LIBRO

Todos os anos ao chegar estas datas, faciamos unha das nosas actividades preferidas: O APADRIÑAMENTO LECTOR. Este curso tivemos que realizalo de forma diferente ao non poder xuntarnos e ter que manter as aulas "burbulla": fixemos un apadriñamento virtual. Os alumnos e alumnas de 5.º de Primaria foron as madriñas e os padriños que lles leron, durante toda a semana do libro, a todo o alumnado do colexio, a través de Webex.

O propio Día do Libro, o 23 de abril, tivemos unha esperada visita: unha Contaciencia que nos sorprendeu con historias incribles.

LISTAXES PROVISIONAIS DE ADMISIÓN DO ALUMNADO NO CURSO 2020-2021

Dende o luns, 19 de abril pódense consultar as listaxes de admitidos e non admitidos para o vindeiro curso 21/22 no taboleiro de anuncios do noso centro.

Todo o alumnado  de Educación Infantil e Educación Primaria que solicitou praza foi admitido.

Ás instruccións da Xefatura Territorial de Educación impiden a publicación das listaxes na web. 

A publicación das listaxes definitivas será antes do 14 de maio.

DIGICRAFT NO TEU COLE

                                                                                                          

O noso cole ven de ser seleccionado para o programa "Digicraft no teu cole", que ten por obxectivo desenvolver o talento dixital do alumnado de 5º e 6º de primaria.

Con este programa, o alumnado realizará experiencias de Intelixencia Artificial, dentro da asignatura, Informática, de libre configuración.

CAMPAMENTO URBÁN SEMANA SANTA 2021

Faise pública por parte do Concello a convocatoria de inscrición ao "Campamento urbano de Semana Santa 2021". Pincha nos documentos para ler a información.

 

XORNADA DE PORTAS ABERTAS VIRTUAL

Benqueridas familias,

Este ano, debido á situación sanitaria na que nos atopamos, non podemos realizar a tradicional xornada de portas abertas. Por este motivo preparamos con moita ilusión unha xornada de portas abertas virtual, para que poidades coñecer as instalacións e o funcionamento do noso colexio.

 

ADMISIÓN DE ALUMNADO PARA O CURSO 2021/2022

Do 1 ao 22 de marzo estará aberto o prazo para presentar as solicitudes de praza para o vindeiro curso. O trámite pódese realizar presencial ou tamén a través da aplicación admisionalumnado

                                                                                                   

SOLICITUDE  

INSTRUCIÓNS

 

  PRAZAS VACANTES 

                                                                                                                            APLICACIÓN  

Podedes transmitirnos as vosas dúbidas a través do teléfono 881930071 ou a través do correo electrónico ceip.santamaria.aspontes@edu.xunta.gal                                                                           

                                                                                                                                                                                                                

ENTROIDO 2021

CELEBRAMOS O DÍA DA PAZ

No CEIPP Santa María de As Pontes quixemos celebrar o Día Escolar da Non Violencia e da Paz con esta preciosa canción de Soraya Arnelas, interpretada en lingua de signos polo noso alumnado.

 

 

RESERVA DE PRAZA NO IES MONCHO VALCARCE PARA O ALUMNADO DE 6.º DE EDUCACIÓN PRIMARIA

O alumnado de 6.º de Educación Primaria do CEIP Plurilingüe Santa María que durante o curso 2021/2022 desexe cursar 1.º da ESO no IES Moncho Valcarce, centro ao que estamos adscritos, deberá efectuar a reserva de praza entre o 11 de xaneiro e o 8 de febreiro cubrindo o ANEXO I e entregándoo na secretaría do noso centro ou a través da aplicación www.edu.xunta.es/admisionalumnado.

Distribuir contido