ELECCIÓNS AO CONSELLO ESCOLAR
Enviado por Anónimo o Lun, 11/08/2021 - 08:21Recordamos que dende o día 5 ao 12 de novembro de 2021 está aberto o prazo para a presentación de candidaturas ao Consello Escolar. As eleccións para a elección dos membros terán lugar o día 22 de novembro en horario de 12:00 a 14:00 horas e de 16:00 a 18:00 horas.
SAMAGOSTEEN
Enviado por Anónimo o Xov, 11/04/2021 - 10:11O pasado venres día 29 de outubro celebramos o Samagosteen no cole. Primeiro tivemos degustacón de castañas, batidos e boliños preñados para logo pasar a divertirnos con diversos xogos vinculados coa temática.
Queremos agracedecer a ANPA a súa colaboración.
NOVAS DATAS PARA RECOLLER AXUDAS PARA LIBROS E MATERIAL ESCOLAR
Enviado por Anónimo o Lun, 07/05/2021 - 11:40Informamos que todas as familias que non pasaron a recoller os vales de axudas para os libros e material escolar en xullo, poden pasar a recollelos os días 6, 7 e 8 de setembro en horario de 10:00 a 13:00 horas.
Festival de fin de curso
Enviado por Anónimo o Mér, 06/30/2021 - 08:36O pasado martes 22 de xuño dixemos adeus ao ano lectivo cun festival de final de curso. Aínda que este ano foi moi distinto, non quixemos faltar ás nosas tradicións, e por iso fixemos un festival con música, bailes e moita ciencia. O tempo non nos acompañou ao principio, pero finalmente puidemos saír e desfrutar do noso festival.
Queremos felicitar aos nenos e nenas de 6º de E.I. que se gradúan este ano e pasan a 1º de Educación Primaria. Moito ánimo na vosa nova etapa.
Tamén nos despedimos dos alumnos e alumnas de 6º de Educación Primaria, que rematan este ano no centro e comezan o instituto. Desexámosvos moita sorte e que nunca olvidedes o vosa etapa neste colexio.
Concerto de fin de curso!
Enviado por Anónimo o Mér, 06/23/2021 - 07:50Coa axuda da nosa profe de música fixemos un pequeno concerto de fin de curso, facendo unha homenaxe ás nosas raíces galegas e a algúns dos grandes grupos de rock de tódolos tempos. Esperamos que o disfrutárades, e aquí vos deixamos o vídeo.
UNHA EXPERIENCIA DE COIDADO. CORRESPÓNDECHE ESCOLLER A TÚA!
Enviado por Anónimo o Mar, 06/22/2021 - 19:28Os nenos e nenas de 3.º, 4.º, 5.º e 6.º de educación primaria do noso colexio participaron nunha actividade dirixida a promover a corresponsabilidade e compartir en igualdade no marco da campaña "Unha Experiencia de Coidado, Correspóndeche escoller a túa!" do Concello das Pontes.
https://view.genial.ly/60ccbd00a55bff0d3ed402cc
LIBROS E MATERIAL ESCOLAR CURSO 2021/2022
Enviado por Anónimo o Ven, 06/18/2021 - 08:06No arquivo adxunto pódese consultar a listaxe de libros e material para o curso 2021/2022.
AXUDA PARA LIBROS E MATERIAL ESCOLAR/CURSO 2021-2022
Enviado por Anónimo o Ven, 05/21/2021 - 10:00No DOG do día 20 de maio de 2021 publícase a Orde do 6 de maio de 2021 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2021/22.
BENEFICIARIOS
Familias con alumnado matriculado en centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia sostidos con fondos públicos nas seguintes modalidades:
a) Axudas para adquirir libros de texto destinadas ao alumnado matriculado en 1º e 2º de educación primaria e en educación especial, así como as axudas que pode recibir o alumnado incluído na disposición adicional primeira da orde.
b) Axudas para material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, ESO e EE.
c) Fondo solidario de libros de texto do alumnado matriculado en 3º e 4º de educación primaria.
d) Alumnado de 5º e 6º de educación primaria, unicamente vale de material escolar. (Utilizarán libros dixitais e ordenador portátil dentro do Proxecto Edixgal.
PRAZO DE SOLICITUDE
Comeza o 21 de maio e remata o 22 de xuño
PRESENTACIÓN DAS SOLICITUDES
Preferentemente farase por vía telemática. Enlace á aplicación Fondolibros.
De xeito presencial na Secretaría do centro en horario de 10:00 a 14:00.
LETRAS GALEGAS 2021
Enviado por Anónimo o Ven, 05/14/2021 - 10:51ADMISIÓN DE ALUMNADO 2021/2022. LISTAXES DEFINITIVAS E INSTRUCCIÓNS
Enviado por Anónimo o Ven, 05/14/2021 - 08:22Finalizado o prazo de presentación de reclamaciones e non tendo que realizar ningunha modificación, informamos de que as listaxes provisionais pasan a ser as definitivas e polo tanto procedemos á publicación das mesmas no taboleiro físico do colexio, situado na entrada principal, para a súa consulta. Todo o alumnado que presentou a solicitude foi admitido.
INSTRUCCIÓNS:
Tedes que formalizar a matrícula na secretaría do centro entre o 21 e o 30 de xuño. A documentación a presentar será a seguinte:
- Impreso de matrícula: Pódese descargar aquí ou recollerse na secretaría do centro.
- Certificado de empadroamento
- 4 fotografías tamaño carné.
- Fotocopia da tarxeta sanitaria.
- Fotocopia do libro de vacinas ou certificado médico.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- 12
- …
- seguinte ›
- última »