Mandadiño do Meco para xoves

Chega o último mandadiño do Meco deste Entroido.

Aquí vos deixo unhas fotos do guap@s que viñan algúns dos alumn@s o luns e o martes.

Meco para mércores

Bo día!!!
O Meco manda para mañá mércores unha froita na cabeza!!! Así seguimos traballando os contidos do noso proxecto!! Eso sí, non ten que ser de verdade!!!! Podedes facer un debuxo e pégalo nunha tira de papel o redor da cabeza, pegar un debuxo nunha pinza da roupa, nun gorro, poñer un coleteiro con unha froita, unha diadema....xa sabedes que no Entroido todo vale, calquera cousa que teñades pola vosa casa ou fagades sen mercar nada.
 
 
 
 
 
 

XORNADA DE PORTAS ABERTAS

CONVIDÁMOSVOS A VER O NOSO CENTRO

Mandadiño do Meco para martes

Aquí tedes o mandadiño para mañá.

 

O  noso esqueleto xa ten o seu antifaz, pero podedes traer algo pintado, unhas gafas molonas...no Entroido todo vale!!!!

 
Non olvidedes os zapatos de cada cor!!!

Entroido 2023 Mandadiño Luns

Chegou o entroido e con el os mandadiños do meco. 

Comezamos polo luns

Entroido 2023 Mandadiño Luns

Reserva de praza para o IES

Bo día, familias:

O alumnado de 6º de Primaria do CEIP Plurilingüe Santa María que durante o curso 2023/2024 desexe cursar 1º da ESO no IES Moncho Valcarce, centro ao que estamos adscritos, deberá efectuar a reserva de praza entre o 16 de xaneiro e o 6 de febreiro.

Pinchando en admisiónalumnado 

No menú lateral Solicitudes>Reserva>Crear

Esta solicitude deberase presentar no centro educativo de orixe ou en calquera dos lugares que establece a Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común, incluída a Sede Electrónica da Xunta de Galicia, para o que se precisará de Chave 365 ou certificado dixital.

Tamén pode cumplimentar a solicitude de xeito manual empregando o formulario que sigue, entregándose este no centro. 

Para descargar o documento preme no ANEXO I

Un saúdo

Festival de Nadal

 

Estimadas familias

 

Este curso retomamos a noso FESTIVAL DE NADAL e gustaríanos convidarvos.

 

 

Esperámosvos a todos e todas o xoves 22 de decembro a partir das 10:00 no Cine Alovi.

 

 

 

ENTRADAS AO CENTRO

Informámosvos que debido as obras na praza América que está en fronte do colexio e por motivos de seguridade a porta principal quedará inhabilitada co cal a única porta de entrada será a da cancela grande do patio.

Durante o horario lectivo esta cancela grande permanecerá pechada polo que teredes que chamar por teléfono ao centro para que vola abran.

Os télefonos do centro son os seguintes:

- 881930071 (Secretaría)

- 881930070 (Dirección)

Este será o procedemento mentres non se poña un timbre ou porteiro na cancela grande.

Sentimos calquera inconveniente causado.

Eleccións do Consello Escolar

Estimadas familias:

A Consellería de Educación publicou a normativa para a renovación dos membros dos Consellos Escolares convocada pola Resolución do 19 de Setembro de 2022.

A normativa vixente que regula o proceso de renovación parcial do Consello Escolar é a seguinte:

  • Decreto 92/1988, do 28 de abril, polo que se regulan os órganos de goberno dos centros públicos de ensino non universitario, modificado polo Decreto 279/1990, do 27 de abril e polo Decreto 324/ 1996.
  • Decreto 374/1996, do 17 de outubro, polo que se aproba o Regulamento orgánico das escolas de educación infantil e dos colexios de educación primaria (Artigos 36º - 45º).
  • Orde do 21 de Outubro de 1996 pola que se determinan aspectos para a elección dos membros do Consello Escolar nos centros docentes sostidos con fondos públicos, e se fixan as súas datas de celebración.
  • Circular nº 1/98, do 2 setembro, da Dirección Xeral de Centros e Inspección Educativa pola que se aclaran posibles dúbidas en relación co proceso de elección, composición e constitución dos órganos de goberno dos centros públicos
  • Circular nº 18/00 da Dirección Xeral de Centros e Inspección Educativa pola que se completa a circular nº 1/98 pola que se aclaran posibles dúbidas en relación co proceso de elección, composición e constitución dos órganos de goberno dos centros públicos.
  • Resolución do 20 de Setembro de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se establece o calendario para a celebración de eleccións de membros dos consellos escolares de centros docentes sostidos con fondos público.

 

MEMBROS A RENOVAR

Este ano toca renovar aos seguintes membros dos distintos sectores:

  • 3 membros do sector do profesorado
  • 2 membros do sector de nais e pais

 

CENSOS

No taboleiro do colexio están publicados os censos dos distintos sectores para as votacións nas eleccións do Consello Escolar. O período para realizar reclamacións ao censo será desde o 10 ata o 17 de novembro

 

PRAZO DE PRESENTACIÓN DE CANDIDATURAS

O prazo para a presentación de candidaturas dos sectores será desde o 11 ata o 18 de novembro, ambos incluídos. Os interesados en presentar candidatura terán que achegarse ao centro para cumprimentar a documentación para a presentación da candidatura.

 

DÍA DA VOTACIÓN

O luns 28 de novembro realizaranse as votacións para a elección dos representantes no Consello Escolar. O horario para as votacións no sector das familias será de 12:00 a 14:00 e de 16:00 a 18:00.

Vales de material de 25€

Estimadas familias:

 

Informámosvos de que saiu unha ampliación da axuda para adquirir material escolar de 25€ regulada pola Orde do 29 de abril do 2022.

 

Esta axuda é só para aquelas familias que recibiron o vale de material anterior.  

 

As datas e horas ás que vos podedes pasar a recoller o vale de material son as seguintes:

 

- Mércores 19/10/22 de 12:00 a 14:00

- Xoves 20/10/22 de 9:00 a 10:30

-------------------------------------------------------

- Luns 24/10/22 de 9:00 a 10:30 e de 12:00 a 14:00

- Martes 25/10/22 de 9:00 a 10:30

- Mércores 26/10/22 de 12:00 a 14:00

- Venres 28/10/22 de 12:00 a 14:00 

 

Se non podedes acudir a recoller o vale nese horario, chamade ao centro para concretar cita. Os teléfonos son 881930071 ou 881930070.

 

Un cordial saúdo

Distribuir contido