LISTAXES PROVISIONAIS DE ADMISIÓN DO ALUMNADO NO CURSO 2020-2021
Enviado por Anónimo o Mar, 04/27/2021 - 11:23Dende o luns, 19 de abril pódense consultar as listaxes de admitidos e non admitidos para o vindeiro curso 21/22 no taboleiro de anuncios do noso centro.
Todo o alumnado de Educación Infantil e Educación Primaria que solicitou praza foi admitido.
Ás instruccións da Xefatura Territorial de Educación impiden a publicación das listaxes na web.
A publicación das listaxes definitivas será antes do 14 de maio.
DIGICRAFT NO TEU COLE
Enviado por Anónimo o Ven, 04/09/2021 - 12:09
O noso cole ven de ser seleccionado para o programa "Digicraft no teu cole", que ten por obxectivo desenvolver o talento dixital do alumnado de 5º e 6º de primaria.
Con este programa, o alumnado realizará experiencias de Intelixencia Artificial, dentro da asignatura, Informática, de libre configuración.
CAMPAMENTO URBÁN SEMANA SANTA 2021
Enviado por Anónimo o Ven, 03/12/2021 - 10:51Faise pública por parte do Concello a convocatoria de inscrición ao "Campamento urbano de Semana Santa 2021". Pincha nos documentos para ler a información.
XORNADA DE PORTAS ABERTAS VIRTUAL
Enviado por Anónimo o Mér, 02/24/2021 - 22:12Benqueridas familias,
Este ano, debido á situación sanitaria na que nos atopamos, non podemos realizar a tradicional xornada de portas abertas. Por este motivo preparamos con moita ilusión unha xornada de portas abertas virtual, para que poidades coñecer as instalacións e o funcionamento do noso colexio.
ADMISIÓN DE ALUMNADO PARA O CURSO 2021/2022
Enviado por Anónimo o Mér, 02/24/2021 - 11:48Do 1 ao 22 de marzo estará aberto o prazo para presentar as solicitudes de praza para o vindeiro curso. O trámite pódese realizar presencial ou tamén a través da aplicación admisionalumnado
Podedes transmitirnos as vosas dúbidas a través do teléfono 881930071 ou a través do correo electrónico ceip.santamaria.aspontes@edu.xunta.gal
CELEBRAMOS O DÍA DA PAZ
Enviado por Anónimo o Dom, 01/31/2021 - 21:36No CEIPP Santa María de As Pontes quixemos celebrar o Día Escolar da Non Violencia e da Paz con esta preciosa canción de Soraya Arnelas, interpretada en lingua de signos polo noso alumnado.
RESERVA DE PRAZA NO IES MONCHO VALCARCE PARA O ALUMNADO DE 6.º DE EDUCACIÓN PRIMARIA
Enviado por Anónimo o Ven, 01/08/2021 - 12:59O alumnado de 6.º de Educación Primaria do CEIP Plurilingüe Santa María que durante o curso 2021/2022 desexe cursar 1.º da ESO no IES Moncho Valcarce, centro ao que estamos adscritos, deberá efectuar a reserva de praza entre o 11 de xaneiro e o 8 de febreiro cubrindo o ANEXO I e entregándoo na secretaría do noso centro ou a través da aplicación www.edu.xunta.es/admisionalumnado.
FESTIVAL DE NADAL 2020-2021
Enviado por Anónimo o Lun, 12/21/2020 - 14:39Xa sabemos que este Nadal é moi diferente, por iso o festival deste ano tamén o é. Fixémolo con moita ilusión para que a pesar da distancia todos e todas o poidamos desfrutar.
Esperamos que vos guste!
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- 12
- 13
- …
- seguinte ›
- última »