ADMISIÓN DE ALUMNADO 2022-2023

O prazo para a presentación de solicitudes de admisión do alumnado de Educación Infantil e Educación Primaria para o curso 2022-2023 irá desde o 1 ao 21 de marzo de 2022.

As solicitudes serán presentadas: 

  • Presencialmente, no centro educativo. (Pode vir o impreso cuberto a ordenador ou a man)
  • De xeito telemático a través da aplicación "admisiónalumnado" e logo presentáda na Sede electrónica (para esta opción é preciso ter activa a chave 365 ou certificado dixital).

No centro podemos entregar o impreso e toda a información que necesitedes sobre o proceso. En caso de dúbida contactade co centro. 

As solicitudes deberán vir acompañadas:

  • Do DNI de cada proxenitor/a.
  • Libro de Familia ou documento acreditativo da idade do alumnado (para 4º de Educación Infantil).

No caso de divorcio ou separación, as solicitudes deberán vir asinadas polos dous proxenitores, agás que a patria potestade a posúa solo un deles. Nestes casos serán necesario presentar a correspondente resolución xudicial para o seu cotexo polo centro.

Para cubrir a solicitude pódese acceder a aplicación, pinchando en  "admisiónalumnado" e no menú lateral pinchando en: solicitudes > admisión> crear. Despois cúbrense os datos e ese documento xerado pode presentarse no centro educativo ou a través da sede electrónica (para este última opción é preciso ter activa chave 365).

Tamén se pode acceder aos formularos pinchando nas seguintes opcións:

Galego                                     Castelán

Pode consultar as prazas vacantes pinchando aquí.

Toda a información relativa ao procedemento pode consultarse pinchando aquí.