ESCOLARTE

Como xa sabedes este ano estamos participando en ESCOLARTE, un proxecto no que participamos os tres colexios de primaria de As Pontes. A arte é o eixo fundamental deste proxecto, cuxo obxectivo fundamental é potenciar e fomentar o uso da nosa lingua. O proxecto consta de tres partes:

  • SocializARTE: Consiste en intercambios comunicativos entre os diferentes coles. E-mail, carta, vídeo..., calquer formato é válido para conseguir que o noso alumnado se comunique na nosa lingua.
  • CulturizaARTE: Nesta fase invitamos aos centros a que compartan o seu traballo sobre a ARTE mediante visitas presenciais ou audiovisuais.
  • LembrARTE: A última parte será unha gran Xornada de Convivencia dos tres colexios no lago da localidade. Toda a Comunidade Educativa dos tres centros e de ASPANAES participará o vindeiro 21 de xuño nesta gran "festa" que suporá o broche final a un proxecto que contamos se volva a repetir no futuro.

Aquí vos deixamos o link ao blog que se creou para este proxecto. Esperamos que vos guste. Preme na foto para acceder ao blog.