Fondo libros

No DOG do día 20 de maio de 2024 publícase a Orde do 7 de maio de 2024 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2024/25.

 

PRAZOS:

 

- Do 21 de maio ao 21 de xuño de 2024.

 

DESTINATARIAS/OS:

 

  • Alumnado de 1º e 2º de primaria: axuda para adquisición de libros e de material escolar.

  • Alumnado de 3º, 4º de primaria: axuda para dotación do banco de libros e para adquisición de material escolar.

  • Alumnado de 5º, 6º de primaria: axuda para material escolar.

 

PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES

 

 

DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR

 

  • Anexos I e II (impreso coa solicitude e a comprobación de datos dos membros computables da unidade familiar).

  • Copia do libro de familia onde figuren todos os membros computables. En caso de non dispoñer de libro de familia, só en casos excepcionais se poderá aceptar:

 

    • Certificado ou volante de convivencia.

    • Informe dos servizos sociais ou do órgano equivalente do concello onde resida a familia.

 

  • En caso de separación ou divorcio, deberán achegar ademais a sentenza xudicial e/ou convenio regulador onde conste a atribución da custodia do/da menor.

 * Os membros computables que se opoñan a consulta dos datos solicitados, deberán indicalo no cadro correspondente e achegar os documentos xustificativos pertinentes.

Listaxe definitiva de admitidos e non admitidos

Hoxe, 15 de mayo, a resolución definitiva de admitidos e non admitidos xa está publicada no taboleiro do 

centro, tamén poderá ser consultada con chave 365 na aplicación admisión alumnado

 

FORMALIZACIÓN DA MATRÍCULA

O alumnado admitido deberá formalizar a súa matricula na Secretaría do centro do 20 ao 30 de xuño. De non

formalizar a matricula, perderase o dereito á praza obtida.

 

 

Listaxe provisional de admitidos e excluídos

Hoxe, 25 de abril, a resolución provisional de admitidos e non admitidos xa está publicada no taboleiro do centro,

tamén poderá ser consultada con chave 365 na aplicación admisión alumnado. O prazo de reclamacións a

estas listaxes será de cinco días hábiles a partir da súa publicación ante o Consello Escolar do Centro.

 

A resolución definitiva será publicada o 15 de maio. Contra esta resolución poderase interpoñer recurso de

alzada ante a Xefatura Territorial da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria no prazo dun

mes.

 

FORMALIZACIÓN DA MATRÍCULA

O alumnado admitido deberá formalizar a súa matricula na Secretaría do centro do 20 ao 30 de xuño. De non

formalizar a matricula, perderase o dereito á praza obtida.

 

 

Admisión alumnado curso 24-25

O prazo para a presentación de solicitudes de admisión do alumnado de Educación Infantil e Educación Primaria para o curso 2024-2025 irá desde o 1 ao 20 de marzo de 2024.

As solicitudes serán presentadas: 

  • Preferiblemente de xeito telemático a través da aplicación "admisiónalumnado" e logo presentada na Sede electrónica (para esta opción é preciso ter activa a chave 365 ou certificado dixital).
  • Presencialmente, no centro educativo preferiblemente en horario de secretaría: mércores e venres de 12:00 a 14:00 ou luns martes e xoves de 12:00 a 13:00. (Pode vir o impreso cuberto a ordenador ou a man)

No centro podemos entregar o impreso e toda a información que necesitedes sobre o proceso. En caso de dúbida contactade co centro nos teléfonos: 881930070 e 881930071.

Pódese consultar as prazas vacantes do centro pinchando aquí.

As solicitudes deberán vir acompañadas:

  • Do DNI de cada proxenitor/a.
  • Libro de Familia ou documento acreditativo da idade do alumnado (para 4º de Educación Infantil).

A solicitude deberá vir asinada polos dous proxenitores, agás nos casos de divorcio no que a patria potestade a posúa solo un deles. Nestes casos serán necesario presentar a correspondente resolución xudicial para o seu cotexo polo centro. Nas situacións de violencia de xénero non é necesaria a sinatura do agresor.

Para cubrir a solicitude pódese acceder a aplicación, pinchando en  "admisiónalumnado" e no menú lateral pinchando en: solicitudes > admisión> crear. Despois cúbrense os datos e ese documento xerado pode presentarse no centro educativo ou a través da sede electrónica (para este última opción é preciso ter activa chave 365).

Tamén se pode acceder aos formularos pinchando nas seguintes opcións:

Galego                                   Castelán

Toda a información relativa ao procedemento pode consultarse pinchando aquí

 

Xornada de portas abertas

Álbum: Curso 2023-2024 -> Xornada portas abertas 2024

XORNADA DE PORTAS ABERTAS VIRTUAL

Apertura da Praza de América

Recordamos que, co remate das obras da Praza de América, cando o alumnado chegue tarde ou se deba recoller no medio da xornada, debe facerse pola porta da Praza de América. Esta tamén será a entrada para calquera cuestión que se precise realizar no centro. 

As entradas (9:00 horas) e saídas (14:00 horas) do centro seguen sendo pola porta do patio. 

Grazas

Entroido 2024

Hoxe celebramos o Entroido, e saímos polas rúas da vila. Recordade que voltamos ao cole o xoves 15.

Recargade as baterías. 

Álbum: Curso 2023-2024 -> Entroido 2024

Cros escolar - XOGADE 2024

O pasado venres 2 de febreiro o alumnado de 2º a 6º de Primaria desprazouse á Fraga para celebrar a xornada de Cros escolar organizada pola Secretaria Xeral para o Deporte (XOGADE). A participación foi un éxito.

Álbum: Curso 2023-2024 -> XOGADE - Cros 2024

Entroido 2024 - VENRES

Distribuir contido