Grupos, Educación Infantil A, Educación Infantil B, 1º de Educación Primaria, 2º de Educación Primaria, 3º de Educación Primaria, 4º de Educación Primaria, 5º de Educación Primaria, 6º de Educación Primaria

COMUNICACIÓN CO TEACHER LUIS

O teacher Luis informa que para unha comunicación máis fluída coa súa persoa, o alumnado pode usar a aplicación de mensaxería instantánea de Google chamada "Hangouts".

INGLÉS - ENIGMA 2

No arquivo adxunto podedes descargar o segundo enigma do teacher Luis!

TAREFAS SOCIAIS E NATURAIS PARA 1º DE PRIMARIA

Nos arquivos adxuntos atoparedes tarefas de sociais e naturais para o alumnado de 1º de primaria.

Calquera dúbida ou suxerencia, podedes enviar un e-mail a danop79@hotmail.com

Saúdos.

TAREFAS PARA 3º E 4º DE PRIMARIA

Nos arquivos adxuntos encontraredes diferentes tarefas para os cursos de 3º e 4º de Educación Primaria

TAREFAS CIENCIAS DA NATUREZA 3º

No arquivo adxunto podedes descargar a tarefa de ciencias da natureza para 3º curso de Educación Primaria.

TAREFAS CIENCIAS DA NATUREZA 5º

Se non podedes imprimir os arquivos, podedes anotar as respostas nun folio ou caderno e envialas ao seguinte correo:

vanesa.rojo@edu.xunta.gal

 

ACTIVIDADES INGLÉS SEGUNDA SEMANA

Continuamos coas actividades de inglés. Recordade que non é estrictamente necesario imprimir absolutamente todo o material que vos entrego. De feito, diría que o único necesario son as flashcards e para iso, se non tedes acceso a unha impresora, os alumnos poden aprender o vocabulario memorizándoas directamente.

En canto ás actividades, tampoco fai falta imprimilas. Os alumnos poden copiar nun folio os enunciados e resolvelas directamente. Para enviarmas facer unha foto directamente co teléfono do móbil pode darnos unha imaxe de calidade moi baixa. Por iso eu recoméndovos que instaledes unha app que se chama CamScanner, unha aplicación que escanea documentos directamente co móbil.

Continuemos co plan de traballo.

Moitisimo ánimo a todos.

Luis.

Lecturas de Relixión para todos os cursos

No arquivo adxunto, a mestra Zoila, deixa unhas lecturas de Relixión para todos os cursos.

ACTIVIDADES DE SOCIAIS E DE NATURAIS DE 2º-SOCIAIS DE 5º-PLÁSTICA

SEMANA 2 (NATURALES E SOCIALES DE 2º, SOCIALES DE 5º E PLÁSTICA)

Nesta entrada do blog atoparedes actividades vinculadas as materias de ciencias sociais e naturais de segundo,  ciencias sociais de quinto e propostas de debuxo para plástica. Todas as dúbidas e todo aquilo que me queirades enviar dirixídevos a miña conta de correo dopicoingles@gmail.com

 

CIENCIAS SOCIAIS E CIENCIAS NATURAIS 2º DE PRIMARIA

Aparte de levar a cabo as actividades do libro de texto, os nenos deben facer estas actividades de ampliación. Esta semana engado as fichas de temas anteriores para refrescar contidos previos. A semana que ven enviareivos as actividades de avaliación correspondentes a este tema para que mas entreguedes feitas polos rapaces. As actividades que levamos a cabo durante o confinamento non teñen carácter avaliable pero me interesa ver a súa progresión.

 

CIENCIAS SOCIAIS DE QUINTO DE PRIMARIA

Por fin déronme acceso ó portal docente da editorial Anaya. Confío en que xa estarán feitas polo menos as actividades da páxina 66 e 67. Enviarmas ó correo dopicoingles@gmail.com para que as poda correxir.

Aparte engado fichas de temas anteriores para refrescar contidos.

 

PLÁSTICA

A continuación propóñovos actividades para todas as idades:

Na conta de instagram @mindandtangle organízanse actividades en directo de Zentangle.

Outras actividades de plástica http://rosafernandezsalamancapintores.blogspot.com/2014/07/paul-klee-para-ninos-cuadros-para.html

 

MOITO ÁNIMO E A TRABALLAR. AGARDO AS VOSAS APORTACIÓNS.

PROPOSTAS DE ACTIVIDADES RÍTMICAS

Nos seguintes enlaces poderedes practicar diferentes actividades rítmicas. Animádevos a facelas!

Powered by Drupal - Design by artinet