No arquivo adxunto a mestra Zoila deixa unha tarefa de relixión tanto para infantil como para primaria.
Grupos
TAREFAS DE RELIXIÓN PARA INFANTIL E 1º/2º EDUCACIÓN PRIMARIA
A mestra Zoila deixou actividades de Relixión para o alumnado de Educación Infantil e 1º/2º de Educación Primaria nos arquivos adxuntos.
TAREFAS RELIXIÓN 3º-4º-5º-6º EDUCACIÓN PRIMARIA
-Buscade en internet tres cadros relixiosos de Bartolomé Esteban Murillo e escribide o título ou nome de cada cadro nun folio ou libreta, pode ser de Xesús, a Virxe María ou dun santo. Logo, facedes unha descrición de cada un. Procurade que un deles teña que ver coa Semana Santa.
COMUNICACIÓN CO TEACHER LUIS
O teacher Luis informa que para unha comunicación máis fluída coa súa persoa, o alumnado pode usar a aplicación de mensaxería instantánea de Google chamada "Hangouts".
TAREFAS PARA 3º E 4º DE PRIMARIA
Nos arquivos adxuntos encontraredes diferentes tarefas para os cursos de 3º e 4º de Educación Primaria
ACTIVIDADES INGLÉS SEGUNDA SEMANA
Continuamos coas actividades de inglés. Recordade que non é estrictamente necesario imprimir absolutamente todo o material que vos entrego. De feito, diría que o único necesario son as flashcards e para iso, se non tedes acceso a unha impresora, os alumnos poden aprender o vocabulario memorizándoas directamente.
En canto ás actividades, tampoco fai falta imprimilas. Os alumnos poden copiar nun folio os enunciados e resolvelas directamente. Para enviarmas facer unha foto directamente co teléfono do móbil pode darnos unha imaxe de calidade moi baixa. Por iso eu recoméndovos que instaledes unha app que se chama CamScanner, unha aplicación que escanea documentos directamente co móbil.
Continuemos co plan de traballo.
Moitisimo ánimo a todos.
Luis.
Lecturas de Relixión para todos os cursos
No arquivo adxunto, a mestra Zoila, deixa unhas lecturas de Relixión para todos os cursos.
ACTIVIDADES DE SOCIAIS E DE NATURAIS DE 2º-SOCIAIS DE 5º-PLÁSTICA
SEMANA 2 (NATURALES E SOCIALES DE 2º, SOCIALES DE 5º E PLÁSTICA)
Nesta entrada do blog atoparedes actividades vinculadas as materias de ciencias sociais e naturais de segundo, ciencias sociais de quinto e propostas de debuxo para plástica. Todas as dúbidas e todo aquilo que me queirades enviar dirixídevos a miña conta de correo dopicoingles@gmail.com
CIENCIAS SOCIAIS E CIENCIAS NATURAIS 2º DE PRIMARIA
Aparte de levar a cabo as actividades do libro de texto, os nenos deben facer estas actividades de ampliación. Esta semana engado as fichas de temas anteriores para refrescar contidos previos. A semana que ven enviareivos as actividades de avaliación correspondentes a este tema para que mas entreguedes feitas polos rapaces. As actividades que levamos a cabo durante o confinamento non teñen carácter avaliable pero me interesa ver a súa progresión.
CIENCIAS SOCIAIS DE QUINTO DE PRIMARIA
Por fin déronme acceso ó portal docente da editorial Anaya. Confío en que xa estarán feitas polo menos as actividades da páxina 66 e 67. Enviarmas ó correo dopicoingles@gmail.com para que as poda correxir.
Aparte engado fichas de temas anteriores para refrescar contidos.
PLÁSTICA
A continuación propóñovos actividades para todas as idades:
Na conta de instagram @mindandtangle organízanse actividades en directo de Zentangle.
Outras actividades de plástica http://rosafernandezsalamancapintores.blogspot.com/2014/07/paul-klee-para-ninos-cuadros-para.html
MOITO ÁNIMO E A TRABALLAR. AGARDO AS VOSAS APORTACIÓNS.