DESCONVOCADA A FOLGA DE TRANSPORTE

Estimadas familias:

Segundo comunicado pola empresa correspondente do transporte no noso centro, a folga de traballadores e traballadoras do sector do transporte de viaxeiros en autobús na Comunidade Autónoma de Galicia convocada polos sindicatos CIG, UGT e CCOO para este xoves 27 e venres 28 de abril de 2023 foi finalmente desconvocada.

Os servizos das liñas operadas por Monbus realizaranse, polo tanto, con normalidade.

Atentamente,

O equipo directivo

 

 

Powered by Drupal - Design by artinet