COMEDOR 2022/2023

Estimadas familias:

Segundo a Instrución 2/2022, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, do 1 de xuño, sobre funcionamento dos comedores escolares de xestión directa no curso escolar 2022-2023, para poder ser usuario deste servizo haberá que entregar no centro o modelo de autodeclaración (Anexo II) antes do día 07 de setembro (A renda neta per cápita familiar corresponderá ao ano 2021).

Para colaborar no comedor, haberá que entregar o Anexo III desta Instrución debidamente cuberta e aportar a acreditación de non ter sido condenado en sentencia firme por delitos sexuais, ademais de certificación acreditativa dunha entidade financeira onde dispoñan de conta. O prazo para entregar a documentación remata o día 07 de setembro.

No caso de que o alumnado presente algún tipo de intolerancia alimentaria ou teña que seguir unha dieta en concreto será necesario presentar certificado médico correspondente.

Atentamente,

O EQUIPO DIRECTIVO

AdxuntoTamaño
Anexo II.pdf507.93 KB
Anexo III.pdf187.32 KB
Instrucion_2-2022_XD.pdf466.93 KB
Concepto de unidade familiar e renda familiar anual neta per cápita.pdf758.09 KB

Powered by Drupal - Design by artinet