FONDO SOLIDARIO E AXUDAS PARA ADQUIRIR LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR

Estimadas familias:

No día de hoxe, saíu publicada no DOG a Orde do 29 de abril de 2022 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2022/2023 (códigos de procedemento ED330B, ED330G e ED330H).

O prazo para presentar solicitudes será desde o día 19 de maio ata o 22 de xuño (ambos inclusive). 

Poderán presentar as solicitudes presencialmente (recoméndase solicitar cita previa) no centro docente ou por vía electrónica no formulario normalizado (ED330B-anexos I e II) dispoñible na aplicación fondolibros (https://www.edu.xunta.es/fondolibros), a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, https//sede.xunta.gal. Para a presentación electrónica de solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluíndo o sistema de usuario e Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude (Anexo I, en arquivo adxunto) debidamente cuberta a seguinte documentación:

  • Anexo II (en arquivo adxunto)
  • Copia do libro de familia ou documento equivalente, onde figure o alumno e os demais membros computables da unidade familiar. En caso de separación ou divorcio, ademais deberán achegar sentenza xudicial e/ou convenio regulador onde conste a atribución da custodia do/da menor. Os documentos deberán ser válidos e eficaces no momento da súa presentación, e reflectir a situación persoal, familiar e económica a 31 de decembro de 2020.

O horario de atención ao público no mes de maio será de luns a venres, de 10.00 a 10.50 horas, e tamén o mércores de 15.40 a 16.30 horas. No mes de xuño, será de luns a venres de 9.30 a 10.20 horas, e tamén o mércores de 13.40 a 14.30 horas.

A data máxima para a devolución de libros empregados no curso 2021/2022 será o 22 de xuño de 2022.

Atentamente, 

O EQUIPO DIRECTIVO

AdxuntoTamaño
Orde do 29 de abril de 2022.pdf1.11 MB
ANEXO I.pdf1.54 MB
ANEXO II.pdf990.25 KB

Powered by Drupal - Design by artinet