Pola presente infórmase que acaba de ser publicada a listaxe provisional de alumnado admitido para o curso 2022/2023 no noso centro.
Pola protección de datos, esta listaxe só se pode consultar presencialmente no taboleiro de anuncios do centro (consultar en Dirección) e tamén a través da aplicación AdmisiónAlumnado , para o que será preciso identificarse coa Chave365 ou co certificado dixital da FNMT.
En todo caso, infórmase que TODO O ALUMNADO QUE PRESENTOU SOLICITUDE FOI ADMITIDO.
A partir de hoxe ábrese un prazo de cinco días para posibles reclamacións.